Opinión

PAN POR PAN

Votos perdidos. O domingo pasou o que pasou, niso quedamos o outro día e a sentenza dos cidadáns é inapelable ata dentro de catro anos. O que me custa entender é a xigantesca sorpresa dos derrotados. Tan mal informados estaban? Un amigo colgou na miña solaina os resultados dunha enquisa preelectoral do CIS, comentada no blog do sociólogo Fermín Bouza, ‘El voto con Botas’. Ante a pregunta, Cre vostede que sería desexable un cambio de goberno en Galicia?, as respostas eran ben claras, dende logo. Dos que votaran PP no 2005, un 87.7% quería un cambio de goberno. Dos que votaran PSOE, un 25%. Dos que votaran BNG, un 46.9% e non sabe un 8.7%. Dos que non votaran en 2005 por ter menos de 18 anos, un 53.9. As porcentaxes dos que non votaran por outros motivos ou votaran en branco xiraban arredor do 50%. Aí teñen os moitos votos perdidos da esquerda e do nacionalismo nesta batalla electoral.

Te puede interesar