Opinión

Premios

Hai poucos días a cultura galega recibía a excelente nova dun Premio Nacional de Ensaio para o libro de Xusto Beramendi ‘De provincia a nación: historia do galeguismo político’. Por suposto, o libro de Beramendi merece ese galardón, pero non debeu ser doado premiar dende España un ensaio en galego, ademais de clara defensa do nacionalismo galego como un movemento liberal e progresista. Agora sabemos que outro amigo, Agustín Fernández Paz, gañou o Premio Nacional na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil con ‘O único que queda é o amor’, novela que aquí mesmo mereceu as nosas gabanzas. Xa noutras ocasións a nosa literatura xuvenil gañara este mesmo galardón. ‘O libro está feito cos fíos da vida e ten unha dose de verdade e emoción que quizais poido tocar ó xurado este ano’, di o propio autor da novela. Que volvo recomendar dende este curruncho.

Te puede interesar