Opinión

Stephen Hawking

A presenza dun científico da talla de Stephen Hawking en Compostela prestixia á propia Universidade e a toda Galicia no seu conxunto. Grazas, pois, a Jorge Mira e a todas as persoas que posibilitaron esta visita, que debeu ofrecer tantas dificultades. Disque Hawking declarouse socialista e escéptico respecto ó papel do transcendente: ‘A ciencia non deixa moito espazo para Deus’. Tampouco se amosou moi optimista sobre o futuro: cre que non se pode evitar un desastre no planeta nos próximos cen anos e opina que algúns grandes avances, como o coñecemento do xenoma, xerarán co tempo unha sociedade dual, cunha raza de ‘superhumanos’ que explotará ós ‘humanos non mellorados’. Algo que describiu a ciencia-ficción múltiples veces, dende Huxley e Orwell ata os autores de hoxe. Somos tan previsibles que non é estraño que coincidan os escritores e os científicos.



Te puede interesar