Opinión

Xenofobia

Unha vez máis, rexistrouse unha agresión xenófoba no metro de Madrid. Nesta ocasión foi contra unha moza peruana. Primeiro, un mala besta racista que se botou contra dela a golpes; despois, dous gardas de seguridade e seica a propia revisora do metro no mesmo plan. Catro persoas contra a moza, a berrarlle e a humillala. Retida dúas horas sen poder pedir axuda. Sudaca de mierda! Que venís a quitarnos el trabajo a los españoles, seica dixo o agresor, entre outras cousas. E o meu cerebro recolle a carpeta de información dunha recente intervención de Mariano Rajoy falando da inmigración e culpando ós inmigrantes do paro e da crise. Se eu fose o líder do partido da oposición, con moitos millóns de votos detrás, daríame moito medo estar a dicir nas rodas de prensa o mesmo que berran estes descerebrados mentres agraden a unha moza peruana.



Te puede interesar