Opinión

Un agasallo para papá

Quixera, papá, regalarche unha camisa que teña a frescura da túa pel. Unha colonia que leve o arrecendo e tibieza da túa cariña recén afeitada. Quixera atopar un xersei de fino algodón que sexa amable e poderoso como o teu abrazo, e unha pedra preciosa azul, esa cor favorita coa que envolves os teu soños. Pero… que flor leva o teu candor?

Que xoia comparable ó amoroso tácto das túas mans? Saberei buscar o agasallo que pague tantos traballos, tanto esforzo, tanto tempo adicado polo meu ben?
Haberá no mundo, papá, unha boliña máxica que nos permita revivir tantos momentos marabillosos e únicos para volver rir e aprender, saborear e recrearnos na fermosura de vivir? Recordar tantos inesquecibles instantes que nos ataron por sempre á roda sen fin.

Compases escondidos van creando melodías eternas, coma a alma que non ten principio nin fin, e xoga en ladaiñas celestiais a ser semente de luz, semente florida do corazón que ama e alimenta coa mesma luminosa canción. E se son un vagalume feliz nunha noite estrelada? Gustarache papá?

Te puede interesar