Opinión

De amor

Báñanse de luz as sombras, meu doce amor, e o inverno perde a cabeza por Primavera.

O ratiño bica a ratiña entre as toxeiras e o moucho busca a curuxa e o ceo á terra…

I eu búscote a ti, amado, polas estreitas rúas da cidade das termas, ou no pequeno pobo no que o teu can á porta espera.

Búscote para atoparte e facer festa, cantos e bicos, flores, danza de velas…

Bañándose está na fonte a nosa conversa. Aquela que abriu ventás, balcóns… poemas.

O teu corazón renace, vibra, latexa… porque se baña no Amor, casa de pedra.

Te puede interesar