Opinión

Día do Pai 2015

A eses homes que naceron a unha vida nova cando os ollos dos seus fillos viron a luz por primeira vez. Os que descubriron que o mellor agasallo, o trofeo máis fabuloso, non levaba nin lazo nin caixa de cores, nin prata nin ouro, que aquela pelciña núa tan inocente e delicada abría a porta da súa sensibilidade sen retorno. Ós que as súas mans lles pareceron descomunalmente grandes e tiñeron medo de mancar ó apretar. Mans que xa querían dalo todo, entregalo todo por amor… Ós que recordan eternamente a maxia dese día no que chegou á casa aquel ser, centro de toda canta música e cor se desbordaba polos cantís do fogar. A eses que saben coidar e protexer ó “seu neno” ó que acompañan como cómplice e amigo leal na senda da vida.

Parece que aínda foi onte cando eras ti ese pequeño que non paraba de xogar! Agora brincas a outras cousas mentres agora buscas para el armas e tácticas limpas e que á vez lles sirvan para defenderse.

Para todos os papis que lle desexan ós fillos que cada mañá traia un día amable, que os profes llo comprendan, que os compañeiros o estimen, que o frío non o alcance e que as nubes non lle impidan ver o sol.

Para os papás que lles espertou tanta marabilla e grandeza o seu pequerrecho, Felicidades!

Te puede interesar