Opinión

Mamás

A esas mamás que aquel día descubriron o verdadeiro amor, o incondicional, o máis puro. Mulleres que se sorprenderon ó comprobar que o seu corpo era capaz de albergar o milagro da vida.
As que foron alimento, néctar da flor do seu corazón. As que abrazan co danzar dos mares, as que protexen coa forza das árbores, as que acariñan coas pombas delicadas das súas mans.
Para esas que xa soñan con ser mamás –porque en verdade xa a están sendoe para aquelas que durmiron un día e aínda non espertaron… Esas belas durmintes ás que lle gustan os contos de fadas! Ás que temos aquí e as que voaron, as de carne e pel e as que son recordo e brisa…
A todas as mamás, un bico de rosa, unha nube de caramelo, unha aperta con música de violín, unha mirada con mil raios de sol agradecido e unha palabra en silencio caladiñapero que traspase as emocións e o sentir e se lle meta no peito, ese lugar sagrado que foi para nós o máis precioso refuxio. Felicidades!

Te puede interesar