Opinión

Manuel garrido:Siempre abrazados

Esta é unha familia que sempre está abrazada -díxome del alguén que o coñece ben- cos seus pais? cariñosísimos?' Unha vez máis o neno que é querido, alimentado e nutrido con amor convértese nese adulto que segue entregándose e protexendo a outros nenos que ?por circunstancias da vida- careceron do que a el tanto lle sobrou: cariño, calor, atención.


Estou falando do noso querido doctor Manuel Garrido Valenzuela, quen reúne cada vez a máis xente ó seu arredor, porque fala por convicción,dende o corazón, dende ese amor divino que é a vocación, porque pide axuda para favorecer a outros e porque o fai con verdadeira entrega. As súas vacacións son, dende hai moitos anos o momento de operar a nenos de Bolivia, xente sen recursos, corpos desnutridos sobre os que el pon as súas mans de médico, enfermidade e desamparo que el atende con cálida mirada de pai. Non é un maís, eso sabémolo todos, é un dos nosos, un ser en quen se pode confiar. Algúns vemos nil ó doctor Gallego pola súa humana medicina, por ter tanto en conta esa alma que nos cura. Este home, que nos convoca a todos para axudar ós desfavorecidos forma parte do que Vicente Ferrer chamaba o 'Equipo B', o dos homes de a pé, dos non poderosos, os que son coma ti e coma mín, amigo lector, como o doctor Garrido, e que según afirma Ferrer serán os grandes transformadores do mundo. Este acto benéfico que se celebrou no Xesteira para recaudar fondos en ben deses neniños foi todo un éxito, porque detrás está a man firme dun home comprometido e de principios admirables que nos axudan a todos a ser mellores.


Unha das frases que me inspira a bondade deste home, ben poidera ser a que pronuncia Xesús: 'Non sexas, Pedro, o seu xuíz, se a súa lámpara'. A luz da súa misión segue avanzando, perpetuando aquelo que fixeron del os que o quixeron, facéndonos sentir, tamén a todos, a súa familia: sempre abrazados.

Te puede interesar