Opinión

BARÓMETRO AUTONÓMICO III

En data moi recente, aínda que con datos de outubro do pasado ano, o CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas) fixo público o denominado 'Barómetro Autonómico III'. Amplo estudio sobre distintos aspectos da realidade política, económica, laboral, social, de cada unha das 17 comunidades autónomas españolas. Estudo do que eu, aquí, me limitarei a abordar tan só cuestións relacionadas coa organización autonómica do Estado e co sentimento de identificación dos cidadáns tanto con España como coa comunidade respectiva.


(En cursiva, inclúense textos resumidos das preguntas que figuran no barómetro de referencia).


'Estado sin autonomías'. Opción moi apoiada por murcianos, c-leoneses, madrileños, estremeños, aragoneses. Con apoio moderado dos galegos a esta proposta, e coa oposición radical de vascos, navarros e cataláns.


'Posibilidad de que cada autonomía se convierta en estado independiente'. Proposta que conta cun apoio considerable de cataláns, vascos e navarros (no caso dos cataláns, dun 37'4%). O apoio dos galegos non vai máis alá dun 2'7%


'Muy identificado con su comunidad autónoma'. Os máis identificados coa súa comunidade son: asturianos, canarios, estremeños e aragoneses. Os galegos sitúanse nunha posición intermedia.


'Muy identificado con la idea de España'. Os máis identificados coa idea de España son: estremeños, asturianos, aragoneses, manchegos, c-leoneses, cántabros e madrileños. Os galegos, con cataláns e vascos, son os menos identificados con este enunciado.


'Muy orgullosos de pertenecer a España'. Estremeños, manchegos, asturianos, c-leoneses, rioxanos, aragoneses, son os que se senten máis orgullosos. De novo, os galegos, xunto con vascos e cataláns, son os menos entusiastas.


'Muy orgullosos de su comunidad'. Os máis orgullosos da súa comunidade son: canarios, asturianos, estremeños e andaluces. Os galegos sitúanse nunha posición intermedia


'Sentirse más español que de su comunidad'. As porcentaxes máis altas con resposta afirmativa a esta proposta danse en C. León, Valencia, C. Mancha, Cantabria, Aragón, Rioxa, Murcia e Asturias. Mentres, Galicia, figuran coa porcentaxe máis baixa do conxunto de comunidades.

Te puede interesar