Opinión

BROMAS

Será por efecto da crise económica que nos asola, ou non. Pero nos últimos tempos a realidade está a xerar historias que, por macabras, para si quixera Miguel Gila, aquel xenio do humor negro. Contaba Gila, nunha das súas historias, como os mozos do pobo, por facer a broma, machucaran cun cepo de matar lobos a cabeza do boticario, producindo na súa dona un gran enfado. Enfado que algúns tomaron a mal. ¡La muy guarra! Como dijo mi madre, si no sabes aguantar una broma, márchate del pueblo.


Pois historia parecida, só que real, foi a que viviron a semana pasada, nun pobo de Asturias, noivos e convidados en plena celebración da festa de casamento. E tamén, neste caso, por facer unha broma. Verán. No momento de máxima alegría, déuselles a algúns dos asistentes por mantear ó noivo. Todo ía ben, arriba e abaixo, arriba e abaixo. Tantas as risas, tantos os empurróns, que nunha das baixadas, o noivo, en lugar de parar na manta, caeu de cabeza contra unha pedra.Desconcerto total, ambulancias, UCI. Diagnóstico: Traumatismo craneoencefálico severo. ¿E os convidados? Agora, esperando noticias do accidentado ás portas do hospital. Histerismo, berros, insultos. Uns: Sois unos salvajes, unos bestias, unos cafres. Outros: Pero, si no fue más que una broma; qué se le va a hacer. Y ya está bien de insultos, ¡eh! Palabras cada vez máis fortes. E cando das palabras ían pasar á acción, por fin apareceu a policía que conseguiu aplacalos.


Tamén por gastarlle una broma ao seu fillo de dous anos, un individuo estivo a punto de acabar coa vida do neno. EEUU. Pai, nai e fillo acudiran a un centro público de lavado de roupa. Mentres a nai se dispuña a sacar as pezas dunha bulsa, o pai, con moita festa, colleu ó neno, meteuna nunha lavadora e cerrou a tapadeira. De maneira automática a lavadora púxose en funcionamento. Intentaron parala, e non puideron; intentaron abrila, e tampouco. E a lavadora lavando, co neno dentro. Así durante dous minutos, ata que un técnico conseguiu parala. 'Dous minutos máis ?díxolle en inglés o técnico e sacariamos ó neno morto'. E todo, por unha broma.


Tempos, estes, nos que se están a facer realidade aquelas historias de mentira que nos contaban os humoristas de antes e que, por disparatadas, tanta risa nos producían a todos. Tempos.

Te puede interesar