Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Talvez sexa, a do cambio climático, unha das cuestións que na actualidade suscite unha maior discrepancia entre os espertos no tema. Dende esaxeralo ata o estremo, ata negalo por completo. Cambio irreversible para uns, cambio de carácter cíclico para outros. A súa vez, entre os que admiten o cambio, tampouco hai acordo sobre as súas causas e os seus efectos. Deixemos que acreditados persoeiros (Al Gore, Durkin, Mycura, Scheider, Lomborg, Rozzendeal, Maslin, se é que viven todos eles) nolo aclaren, e fagamos un repaso do que acontece por aquí. Pois acontece que este ano, ao menos no que a provincia de Ourense respecta, si está a haber grandes cambios no tempo. As neves, propias do meses de inverno, viñeron todas en abril. Meses e meses sen unha pinga de auga, e agora chuvia a embute un día tralo outro. Cunha temperatura de ¡30 graos! no mes de marzo (en Ourense), e cunha máxima de 13 graos o día4 do presente mes. Tal como se na nosa provincia, en cuestións de clima, algúns meses do ano estivesen totalmente descolocados. Con repercusións moi negativas para a maioría da xente, a xulgar polas queixas que se oen por aí. Trastornando a nosa saúde, a vexetación, as formas de vida e ata as previsións do tempo.
Antigamente, nos invernos nevaba, nos veráns facía calor, e o clima era temperado tanto nas primaveras como nos outonos. Sendo o clima tan previsible, non é de estrañar que cada cal inventase o seu refrán, con garantías de acerto nos prognósticos. Uns coñecementos que lle transmitiran os seus maiores, e que eles mesmos podían constatar, ano tras ano, observando as singularidades da cada estación. Experiencia, en suma. Esa escola, a da experiencia, á que apelaba Don Quijote para convencer ó seu escudeiro da fiabilidade dos refráns: 'Paréceme, Sancho, que no hay refrán que no sea verdadero porque todas son sentencias sacadas de la misma experiencia, madre de todas las ciencias'. Así viña sendo, de xeración en xeración.
Mais agora, ¿como casar os datos, dos que daba conta máis arriba, cos refráns de sempre?: 'Nos Santos, neve nos altos. No San Andrés, neve nos pés'. 'Por San Blas, a neve verás'. 'En marzo chove e neva e fai escarapela'. 'Marzo, marceador, un día malo e outro peor'. 'O día 3 de maio quenta o sol coma o borrallo'. E outros como estes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas