Opinión

FELICIDADE SUPREMA

Da situación actual de España xa todo se leva dito; ou case todo. Logo entón falemos hoxe de Venezuela, onde viven moitos paisanos nosos.


Non debe resultar tarefa doada a elaboración dun censo de galegos residentes en Venezuela, máxime cando nin sequera no punto de partida hai acordo. Qué se entende por 'galegos', ¿tan só os nacidos en Galicia?, ¿tamén os seus fillos?, ¿tamén os seus netos? Valga como cifra aproximada a de 37.000 persoas ás que se lle recoñeceu o dereito a emitir o seu voto nas últimas eleccións ao Parlamento de Galicia. En todo caso, un número importante de paisanos residindo nun lugar que está a vivir unha situación moi delicada, con graves problemas de orde económico, social, político, de inseguridade cidadá, de corrupción. Con datos desacougantes, dos que inclúo unha breve mostra.


Un IPC do 54,4%, e a gran distancia do 16,5% que rexistra Bielorrusia, o segundo dos países con índices de prezos máis altos. Corrupción: de 175 países dos que se ten noticia, Venezuela ocupa os primeiros lugares da táboa en niveis de corrupción (¡superando incluso a España!). Por último, e por non abundar noutros indicadores, Venezuela figura entre os catro países con maior numero de homicidios por cada cen mil habitantes, cunha taxa anual de 79 (talvez conveña anotar que España non pasa de 0,83).


Problemas, os anteriores, que veñen de antigo. Pero, polo que se comenta, que o goberno do señor Maduro non fai máis que empeorar.


Don Nicolás Maduro Moros, presidente da República Bolivariana de Venezuela. Pois ben, aparte dalgunhas decisións persoais que provocaron alboroto e da creación do viceministerio da 'Suprema Felicidad Social', no estranxeiro o señor Maduro tan só é coñecido polas súas chocalladas. 'Entré en una capilla, y de repente entró un pajarillo chiquitito. Silbó y yo también silbé. Me di una vuelta y se fue. Yo sentí el espíritu de él (Chaves), y me bendijo'. 'Nosotros sabemos que el comandante nuestro ascendió a los Cielos, y frente a Cristo le pidió que nombrara un Papa suramericano. Y Cristo le dijo: bueno, llegó la hora de América del Sur'. 'Miren esta figura que se les apareció a los trabajadores. ¿De quién es este rostro? Es la mirada del Patriarca (Chaves) que está en todas partes'.

Te puede interesar