Opinión

LONXEVIDADE

Interminable se faría a lista de corrupcións, fraudes, estafas, saqueo de caixas de aforros, quebra de empresas, paro, desafiuzamentos, pobreza, recortes sociais..., dos que diario se veñen facendo eco os distintos medios de comunicación. Sendo así, non é de estrañar que, segundo o avance do barómetro do Centro de Investigaciones Sociológicas do mes de xullo, os enquisados sinalen (nun listado de 36) ao paro, á corrupción e ás cuestións de índole económico como os problemas que en maior medida preocupan aos cidadáns. Datos desalentadores que se veñen repetindo en cada barómetro e que están a agochar uns logros, tamén moi importantes, nos que España se encontra en situación de privilexio. ¡Ah! ¿Pero é que España, na actualidade, está a ocupar posicións de privilexio nalgunha cuestión importante? Pois, por máis que choque con tantas malas novas, certo que si. Como pode ser o caso, por sinalar algún, da esperanza de vida ao nacer.


Nun listado de 149 países, España ocupa o sexto lugar con maior esperanza de vida: 82,17 anos (79, no caso dos homes, e 85, no das mulleres). En distancia ferinte con países como a República Centroafricana, a República Democrática do Congo, Zambia, Chad, nos que esperanza de vida non chega aos 50 anos. Tamén a gran distancia de países da metade do listado (O Salvador, Guatemala, Bielorrusia, Indonesia, Rusia, por citar algúns) cunha esperanza de vida en torno a 69-71 anos. Situación privilexiada, a de España, que incluso supera á de EEUU, Dinamarca, Finlandia, Alemaña, Canadá, Luxemburgo, Reino Unido, Austria, Holanda, Noruega ou Suecia, todos eles países moi rumbosos.


Pero claro, como non hai pega sen mancha negra, vai algo máis dun ano lanzaba o FMI unha alerta inquietante, e que na súa versión en castelán dicía así: 'Existe un riesgo muy serio de longevidad. De que la gente viva más de lo esperado'. ¡Risco de lonxevidade! ¿Que se esconde, realmente, detrás desas palabras?


Cada vez que penso nas posibles intencións do tal FMI, éntrame no corpo unha especie de tembleque estarrecedor que, por máis que me esforzo, non son quen de controlar. Non.


Te puede interesar