Opinión

Neno soñador

Reconforta publicar unha columna semanal no mesmo periódico que acolle, tamén cada semana, “el ángulo inverso” do escritor/xornalista ourensán, que hoxe traio aquí.

Empezarei por dicir que non coñezo persoalmente a Jaime Noguerol. Que tan só a través dos seus escritos, e dos comentarios laudatorios que de el fixo un día Luís Otero, de Piñeira de Arcos. Tamén –teño que recoñecelo- da información que, sobre Jaime, aparece recollida en Wikipedia. 

Contábame Luís que sendo estudante da carreira de periodismo, en Madrid, coincidiu, nos mesmos cursos e nas mesmas aulas, con tres compañeiros da provincia de Ourense (Maribel Outeriño, Jaime Noguerol e un cura da zona de Vilar de Barrio ou Maceda). Nunca tantos ourensáns se xuntaran, ¡catro!, na Escola Oficial de Periodismo de Madrid. Foi ó longo desa conversación cando Luís me falou de Jaime Noguerol e do protagonismo que estaba a ter, nese momento, na ‘movida madrileña’. Ao tempo que resaltaba, con admiración, á súa intelixencia e a carga poética que sabía darlle ós seus escritos.

Autor de varios libros, entre os que cabe destacar, ‘Irrevocablemente inadaptados’, ‘Crónica de una generación crucificada’, ‘Extraños en el escaparate’. E letrista de cantantes e grupos musicais de gran renome: Miguel Ríos, Luz Casal, Leño, Banzai, Burning.

Como mostra da súa calidade literaria, e coas limitacións que impón a falta de espazo, inclúo deseguido algunhas pasaxes de artigos publicados por el no xornal La Región.

‘Aquella mujer que me ayudó a nacer descifró mi destino y apuró sus plegarias, sabedora de mi devenir lleno de estragos’.

‘Entonces vuelvo a ser el niño melancólico, soñador y un poco triste que corre por las embarradas calles de’ …

‘Desde la ventana vio como la muerte llevaba la guadaña al último afilador’.

‘¿Dónde está la vida que hemos perdido viviendo?’

‘Presintió que todos los trenes habían partido, y se pararan todos los relojes’.

‘Sentí la ternura indiferente del otoño’.

‘Entonces, qué ingenuos, creíamos que lo imposible llegaría un poco más tarde’.

‘Hay que caminar para ahuyentar las alas negras de la depresión’.

¡Que si, Jaime, que si! Hai que seguir camiñando; sempre.

Te puede interesar