Opinión

PALABRAS

Moi clarificador o artigo do cóengo don Ramiro González Cougil, 'Santa Rita. ¿Abogada de imposibles?', publicado días pasados neste xornal, e no que, se ben celebrando compracido os rezos que os fieis lles dirixen aos santos da súa devoción, alertaba das malas prácticas ligadas a aquelas, como como pode ser o caso da banalización dos milagres ou deixar aos pés de imaxes relixiosas escritos con pregarias das que os devotos deberán facer 25 copias se, por intercesión dos santos, queren dar solución a algún problema ou conseguir algún favor.


Como complemento do dito, talvez resulte oportuno traer aquí o contido daqueles dous folios, con oracións a santa Bríxida, que vai uns anos chegaron as miñas mans. Tamén alí se daba conta da concesión de gracias mentres vivos e promesa de felicidade eterna máis alá da morte. Iso si, sempre que se cumprise cos rezos diarios e se fixesen 25 copias, sen ningún erro, do citado texto. Ata aquí, todo moi parecido ao caso de Santa Rita do que nos falaba don Ramiro. Pero cuns engadidos que raiaban na crueldade. Quen tirase co papel, quen o pasase por alto, quen non seguise as súas indicacións ao pé da letra e quen non fixese as 25 copias de rigor, sufriría nas súas propias carnes, e no seu patrimonio, todo tipo de calamidades, que incluso alcanzarían a parentes e amigos. Vaia unha pequena mostra.


Una mañana de domingo, a la salida de la misa, una persona de bien le entregó a Cccc una hoja de papel con oraciones a santa Nnnn. Pero el, sin ni siquiera leerlo, lo rompió en cuatro trozos y lo tiró a la basura. Al amanecer del siguiente día, su hijo más adorado apareció totalmente cubierto de lepras.


Una tarde de verano una mujer piadosa llamó a la puerta de casa del acaudalado Dddd para hacerle entre de unas oraciones en honor de san Rrrr. Cogió la hoja con desprecio el hombre, y en cuanto se ausentó la mujer, arrojó las oraciones al fuego. Durante dos días, ardieron todas sus mieses.


Le llegara una carta por correo a Tttt con oraciones a santa Ssss. Rezó las oraciones con fervor, incluso hizo algunos sacrificios, pero no cumplió con el encargo de realizar 25 copias de aquélla. Antes de una semana, los doctores diagnosticaron cáncer mortal a su mejor amiga.

Te puede interesar