Opinión

O tío Faustino

Teño un infantil recordo da tristura do meu pai anunciando o pasamento do tío Faustino. Apenas tiña cinco anos cando esta nova sacudiu a tranquilidade da familia Santalices.

 As longas conversas co meu pai centráronme a sigularidade e importancia deste persoeiro, un alto funcionario que escolleu a gaita e a zanfona pra reivindicar o noso sentimento galego, as nosas raíces culturales e musicales, e sobor de todo a nosa identidade. E o fixo co afinado ruido da gaita e a sua especial voz nasal, que distinguían as suas cancións.

Home alegre, extrovertido, de carácter forte, tivo sempre como referencia a ironía e a bonhomia. Contan que xa entrado nos 70 anos foi convidado a unha despedida que facían a un prextixioso urólogo da cidade, o doctor Villar. Meu tío foi convidado en representación do Goberno Civil, por ser o secretario, e pedíronlle unhas verbas e as dixo, rematando deste xeito: 'Gaitiña miña gaitiña, xa nunca te poderei tocar por moito que quera e faga o meu amigo Villar."

 Como estudioso do noso folclore, fixo un traballo moi productivo. Asi mo teñen contado Carlos Núñez, Cristina Pato, Susana Seivane, Amancio Prada, Milladoiro e moitos máis. El construía as suas gaitas e recuperou moitas zanfonas. Gracias a elo, Lugo tivo unha escola de gaitas e a zanfona incorporouse ó noso folclore.

Ninguén coma el describiu o espírito do Camiño de Santiago. O “Romance de don Gaiferos”, historia do duque de Aquitania que morre en Santiago logo de darlle un abrazo ó Apóstol, é sen dubida a mellor canción dos pelegrinos.

 Pero para o meu recordo especial quedara a canción "Alala das Marinas". Esta peza que meu tío cantaba dun xeito especial foi a que rendiu homenaxe as vítimas de Angrois, grazas á desinteresada colaboración de Budiño e Uxía, que non dubidaron un segundo a petición que fixemos dende o Parlamento. Aquela calurosa tarde provocou escalofríos no cimiterio. Foi unha magnífica interpretación, chea de sentimento.

Te puede interesar