Opinión

Enerxía galega

Gustaríame comezar o ano falando dun tema que, por máis que o penso, menos o entendo. Trátase da estruturación do sector enerxético en Galicia e, sobre todo, no que atinxe á súa xeración e produción.


De todos é coñecido que o enerxético configúrase como un aspecto clave en toda economía e, de feito, supón un piar clave sobre o que sustentar o seu desenvolvemento. Galicia conta con excelentes dotacións e oportunidades para a produción de todo tipo de enerxías como así se ten comprobado ao longo da historia. Sen embargo, a cidadanía galega malamente se ten aproveitado desta circunstancia e, proba disto, é que asistimos impasibles ao feito de que a terceira parte da enerxía hidroeléctrica producida en Galicia vaise a outros territorios.


Neste eido, a cuestión medioambiental está a cobrar moita importancia e, de novo, atopámonos ante a situación de que ou ben non sabemos, ou ben non nos deixan aproveitar os nosos recursos. O caso da enerxía eólica é un claro exemplo. Se ben é certo que a Xunta semella estar reaccionando diante das imposicións do Ministerio de Industria e o seu peculiar ministro, resulta unha mágoa que teñamos que perder tempo e esforzo en asuntos como estes. Asemade, outras enerxías como a solar ou a xeotérmica supoñen unha valiosa ferramenta que albíscase lonxe de aproveitar como se debería.


Galicia conta con excelentes dotacións e oportunidades para a producción de todo tipo de enerxías E voltando ao tema da hidroeléctrica, seica o Goberno galego parece decatarse da súa importancia e, así, nos orzamentos para este ano contempla un canon eléctrico para as compañías productoras no noso territorio. Non obstante, coido que se equivoca de estratexia, xa que o obxectivo debería ser unha repercusión dos custos para os cidadáns, e sobre todo as empresas locais, de tal xeito que quen ficase aquí pagase a enerxía máis barata posto que é aquí onde se produce.

Te puede interesar