Opinión

Festas patronais de Viana 2015

Un ano máis, Festas Patronais de Viana!: Nosa Señora da Asunción e o Santo Roque! Eu, como cada ano, aparecín pola vila. Pero, que va, xa non é o mesmo, que vai tempo. Lembro aqueles anos, cando viña a casa da miña tía Audosia a posta das “banderitas”. O día 12, as Serenatas, aquelas xuntanzas, vaiche boa! Aquello si que era unión. Dende que faltou o Velasco, que me puña ó tanto de todo... Que Deus o deixe remexer polos ceos. Outro que tamén voou, o Tono, forofo a máis non poder da sua Viana, amigo de todo o bon e bonito, viñera de quen foxe, dáballe a todo, unha aperta!

As festas? Ben. Máis pasatempos, teatro, Mago Teto, corais, unha delas cantou a misa. Pero aquel “incarnatus” do Sr. José, inesquecible.

Gustoume moito a exposición que fixo o Suso, concellerio do PSOE, sobre o Santo Roque, pois seguro que moitos descoñecían a biografía do seu patrono. Eu si, e moitos tamén; e do seu canciño Melampo. Vai bastantes anos que saíra en “A Nosa Bisbarra”. E de paso, digo, que ata onde pode chegar o incultismo. Deixar desaparecer esta revista-libro, única, onde se escribía a historia da bisbarra. Preciosa, e a que se lle díu máis importancia por xentes da cultura de fora, íase pagando coa insignificancias o seu coste. Nela participaban xenios, persoas de a pé, nenos e o que quería. Sempre noraboas. O mellor que había. Amén.

Bueno, sigo: O noso governo está empezando e parece que non o está facendo mal. Hai que darlle tempo. Parece que chega máis á xente que os pepistas. O que si ten que pensar, que ten votantes de todalas cores e que hai establecidas unas costumes que son históricas, e que non se poden esquecer. O que se adica a política, non o ha de olvidar. Si señores, as procesións hai que presidilas, srs. do Bloque. Non nos gustou, a muitísimos, a ausencia dos mandatarios. Por fortuna, quedan consistorios cos presidentes da súa cor que van no sitio que lles corresponde, ben traxeados, acompañando a Virxe ou a San Roquiño. Viana sintiu o feo feito ós patronos, votantes e pobo en xeral. Xa irán deprendendo! 

Esperamos, e se siguen co bloqueo a eirexa, peor para eles, ainda que soio sexa o protocolo, hai que seguilo. Despois cada quen o seu ar como se son ateos ou musulmáns
Como sempre, moi ben as corales. Como cantaron o Pepe e o Luisito! Quedei sorprendido, emocionado. Unha gran aperta. Fabulosos. Loitade a ver si a nosa terriña purra dunha vez.

As terrazas? Pois coma sempre. Bueno algunas mesas menos na praza, pero para pasear, parrafear cos poucos amigos e coñecidos que van quedando, non.
Recuperade as tradicións que se van esquencendo. Xogos de bolos, tiro ó plato, aqueles bailes “solto”, “carballesa”, “agarrado”, aqueles tanganzos con ringo rango de perna e xionllo no chan. Estilo L. Morgan, D.E.P. Aquelas “rondas” polas casas: invitávannos a roscón da sra. Paca ou a bizcoitos borrachos e mantecadas da Pepa. Que tempos!, non volverán. As tomaduras de pelo ó Amable da Roxa na rúa do paseo as mazairas. E, como non?, os rapaces, os máis importantes. O mellor para eles é un bo futuro. Non escoitei nada das actividades que houbo para eles! Como non iban a ter. Aqueles concursos de redaccións, bailes rexionales, contos, maratóns. Xa choveu!

E como inda non me nomearon “cronista oficial”, seguirei a facelo no Antrudio e nestas festas agosteñas, como de costume. Como xa vou entradico igual me quedan poucas escribidelas. 

Aviso: Ollo ás xuntanzas P… PSOE.

Deséavos o mellor e que a Fada Despertadora vos abra os ollos, e esa querida terra purre, e os gobernantes o fagan moi ben. Que Deus vos axude a todos, a Virxe da Asunción, San Roquiño (ó que tedes tanto cariño e devoción) e tódolos santos.
Este español, galego e catalán de adopción. Que a Moreneta tampouco me olvide. Cheguei a Barcelona fai un par de días e mando este recordatorio, para os que vos goste e para os que non.

Te puede interesar