Opinión

Adiántase a aplicación do Regulamento europeo sobre o mercado de Criptoactivos

O Goberno de España acorda reducir o período transitorio de aplicación do Regulamento europeo sobre o mercado de Criptoactivos, en adiante, MiCA, para a súa aplicación en decembro de 2025, cando, se dispón ata xullo de 2026 para facelo. Este adianto realízase coa finalidade de dar seguridade xurídica e protexer aos inversores, concretando o marco regulador e de supervisión, estable. Esta medida, é pioneira, sendo o primeiro país que o fai.

Este Regulamento, é a primeira norma internacional que regula o mercado de criptoactivos, establecendo obrigas tanto para emisores como para provedores destes servizos.

O Regulamento publicarase en xuño de 2024, a partir de entón, durante 18 meses, existirá un período transitorio para que a ESMA (EU Securities Markets Regulator), Autoridade europea de valores e mercados, e a EBA (European Banking Authority), Autoridade Bancaria Europea, aproben as normas técnicas do MiCA. Posteriormente, durante un ano, a Comisión Nacional do Mercado de Valores, CNMV, xa poderá comezar a conceder autorizacións ás empresas interesadas en ser provedoras de servizos de criptoactivos, como dicíamos, adiantándose esta posibilidade 6 meses respecto a outros países, o cal pode ser unha importante vantaxe competitiva.

Quedan fora do ámbito de aplicación do MiCA, os criptoactivos regulados pola lexislación actual vixente (os que teñen consideración de instrumento financieiro, depósito, etc), os criptoactivos únicos e non funxibles, como os NFTs ( activos inequívocos, físicos ou dixitáis, dunha red BlockChain), así como a emisión de criptoactivos xerados de forma descentralizada, como o Bitcoin, pero, a súa negociación nunha plataforma, si que estará suxeita a este regulamento MiCA.

Soamente, poderán ser emisores de criptoactivos as persoas xurídicas (empresas, por exemplo) que sexan autorizadas, e se comprometan á emisión dun white paper (documento explicativo da materia e do seu funcionamento, en termos coloquiais) e aporten certas garantías de goberno corporativo e protección do inversor, como Compliance Penal, Plans Antifraude, Due Diligence, Canal Ético, Canal de Denuncias Anónimo (Sistema de Información Interno, SII, en España).

Ademais, establécense normas específicas para mitigar o risco de liquidez existente neste tipo de criptoactivos, así como normas para evitar que se convertan nun medio de pago amplamente aceptado.

Para estes provedores, o regulamento MiCA, será aplicable a partir do 30 de xuño de 2024, ademais de ser autorizados pola CNMV.

Te puede interesar