Opinión

Carpeta cidadá: protección de datos e administracións públicas

A carpeta cidadá é un espazo persoal online que simplifica a relación dos cidadáns coas Administracións Públicas, permitíndolle coñecer todos os expedientes que ten abertos nos distintos organismos e coñecer os datos que posúe a Administración, dun xeito áxil e sinxelo, mellorando a transparencia e posibilitando que a persoa interesada teña un maior control dos datos persoáis que manexa a Administración.

As Administracións Públicas son os organismos que maior volumen de datos persoais tratan dos cidadáns, polo que resulta esencial reforzar o principio de transparencia dos datos para garantir o exercicio de dereitos en protección de datos por parte dos mesmos.

A carpeta cidadá é un servizo desarrollado pola Secretaría Xeral da Administración Dixital que consiste nunha área privada á que os cidadáns acceden e mediante a cal se establece a relación con calquera Administración Pública, ofrecendo un punto de acceso único, dende o cal poden realizar calquera actuación dirixida a calquera organismo público sin necesidade de ter que acudir á sede electrónica do organismo en cuestión e ter que lidiar, en ocasións, coas particularidades que cada unha destas sedes electrónicas presenta.

Os datos ofrecidos atópanse agrupados en diferentes temáticas: educación e formación, residencia, traballo,  saúde, asuntos sociáis (ingreso mínimo vital), xubilación, vehículos e transportes, vivenda e función pública, entre outros. Adicionalmente, poden consultarse outros expedientes de diferentes Comunidades Autónomas adheridas, así como expedientes da Administración Local, cada vez máis presente e participativa neste ámbito.

Cobra especial importancia o apartado de “Transparencia”, a través do cal cada persoa interesada pode consultar os datos que se intercambian as Administracións Públicas entre elas a través da plataforma de intermediación.

En atención a este intercambio de datos é imprescindible facer referencia ás orientacións da Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) sobre a aplicación da disposición adicional octava e a disposición final duodécima da LOPDGDD. A AEPD, interpreta que o artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, establece o dereito dos cidadáns a non aportar os datos e documentos que xa obren en poder das Administracións Públicas, as cales utilizarán medios electrónicos para recabar esta información e, no caso, de que se trate de datos persoáis da persoa interesada, deberán contar con consentimento de esta. Por elo o servizo de verificación e consulta de datos da plataforma de intermediación de datos –Mis intercambios entre Administraciones- permite que calquera organismo da Administración poida consultar ditos datos sin necesidade de solicitar que se aporten os documentos acreditativos.

A información asociada ao intercambio entre Administracións pode ser de dous tipos: consultas iniciadas por un organismo para recabar a información que obra en poder doutro organismo ou ben, consultas iniciadas pola persoa usuaria da carpeta cidadá sobre as temáticas anteriormente comentadas: educación, servicios sociais, formación, traballo etc.

Ao longo do ano 2023 prevese que as funcionalidades da carpeta cidadá sexan cada vez mais, facilitando así o acceso dos cidadáns e reforzando o principio de transparencia da Administración Pública.

Te puede interesar