Opinión

A violencia de xénero actual

Con motivo do recente 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, convén recordar que a Organización Mundial da Saúde, OMS, informa que, unha de cada tres mulleres de entre 15 e 49 anos, sufriron violencia física ou sexual pola súa parella, isto supón un 27 % das mulleres. Ao falar en termos mundiais podemos chegar a pensar en distintos países, contextos, circunstancias e situacións. Pero, o que non pode levar a engano é que, en España, o 11% das mulleres maiores de 16 anos, sobre 2 millóns de mulleres, sufriron algunha vez, violencia física ou sexual polas súas parellas ou exparellas.

A violencia de xénero é a máxima expresión da desigualdade entre homes e mulleres. A igualdade é un dereito humano recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, a fin de garantir un trato igualitario a todas as persoas ante a lei, sen discriminacións nin privilexios. A equidade, é definida na Real Academia Española, RAE, como “Justicia natural, por oposición a la letra de la ley positiva”, é dicir, o criterio para aplicarse non é tanto a literalidade de lei ou norma, como o xusto, actuando en conciencia. Polo que, poderíamos concretar a diferencia en que a igualdade é a idea de cómo debería de ser o trato entre homes e mulleres, mentres que a equidade, adáptase á realidade, ten en conta as características e condicións para que a aplicación da igualdade sexa xusta.

No ano 2022, o 58 % das vítimas de violencia de xénero, non habían denunciado, e no ano 2023, o 78,4%. A lexislación, a finalidade da norma, a protección das vítimas, non se pode ver desvirtuada pola súa residual aplicación en fraude de lei, é dicir, de forma contraria ao seu propósito. Reiteramos, a realidade é, que a difusión, fomento, axudas, e ferramentas aínda non son suficientes para chegar dunha forma eficiente, eficaz e sobre todo, que sexan percibidas de forma segura e ofrecendo garantías suficientes as vítimas, para que denuncien.

Especialmente significativo en materia de violencia de xénero, está sendo o uso intensivo dos móbiles, internet, redes sociais, mensaxería instantánea como Whatsapp e a xeolocalización, servizos que serven para a proliferación de conductas de violencia de xénero, sendo, particularmente preocupante en menores de idade. Máis habitualmente, estes medios estanse a empregar para controlar, amedrentar, acosar, humillar e chantaxear ás mulleres, podendo ser constitutivos estes feitos de delitos de ameazas, coaccións, acoso ou stalking, maltrato habitual, etc...

En concreto, ameazar u chantaxear con difundir imaxes ou gravacións íntimas da parella ou exparella, así como chegar a facelo, sen o seu consentimento pode ser delito. Para a retirada deste contido de forma urxente, a Axencia Española de Protección de Datos, AEPD, conta co Canal Prioritario na súa sede electrónica, ferramenta que ten un porcentaxe de efectividade na retirada dos contidos do 100% en 2023, conseguindo facelo, de media, en 72 horas cando o responsable da plataforma onde se subiu o contido, se encontra en España.

Te puede interesar