Opinión

Visión delirante

Juan Antonio Reig Pla. Ese é o seu nome. De profesión, bispo. Concretamente de Alcalá de Henares. Coñecido? Pois si, sobre todo nos últimos días. Este relixioso que, visto o visto, parece máis interesado na proxección mediática que no coidado e elaboración das homilías, forma xa parte da sociedade do espectáculo.

Juan Antonio Reig Pla. Ese é o seu nome. De profesión, bispo. Concretamente de Alcalá de Henares. Coñecido? Pois si, sobre todo nos últimos días. Este relixioso que, visto o visto, parece máis interesado na proxección mediática que no coidado e elaboración das homilías, forma xa parte da sociedade do espectáculo. Coas súas declaracións sobre a homosexualidade, que el asocia á prostitución, e o feminismo 'radical', situose no punto de mira. Juan Antonio Reig Pla sementou con gusto antipatías en toda a esquerda e, cómpre dicilo, nalgúns sectores da dereita tamén. Esas absurdas afirmacións sobre as inclinacións lascivas que, segundo el opina, son inherentes aos homosexuais, constitúen o cerne da prostitución masculina.

A Reig Pla parécelle que a pésima orientación que se lles dá no ensino, contaminado por 'tantas ideologías', induce a algúns mozos a unha gran confusión sobre as súas preferencias sexuais, así é que, para saíren de dúbidas, 'se corrompen y se prostituyen. O van a clubes de hombres'. Evidentemente, despois de tanta depravación, rematan por se 'desvíar', converténdose nunha especie dexenerados que, coma Dolmancé -aquel personaxe libertino de Philosophie dans le boudoir que o Marqués de Sade presentou coma un extravagante namorado da penetración anal, preferentemente de homes- disfrutan só coa transgresión das 'normas'.

Que son os gays para o bispo de Alcalá? Enfermos. Desvíados. Luxuriosos. Pero, por riba de todo, grandes, grandísimos pecadores. E quen é este bispo para comunidade gay? Un personaxe delirante. De mente torta. Amargurado. Pero, por riba de todo, un calumniador. Cal é o pecado gravísimo de Juan Antonio Reig Pla? A cenodoxia ou, se se preferir, a vaidade. Reig Pla, no seu delirio, desvela un de-sexo profundo de ser visto, considerado, estimado, honrado e afagado. A devandita cenodoxia de Pla enxendra, asemade, outros pecados, como a filarxiria, ou cobiza, e a filarxía, isto é, amor ao poder. Que lle gusta a fama ao relixioso, para que nos entendamos. Que quer estar na palestra como sexa. Tendo conta disto, refírome a este pecado capital que arrastra ao bispo á calumnia, o seu discurso carece en absoluto de credibilidade. O bispo non quere, stricto sensu, atacar a gays e lesbianas. O que desexa, insisto, é ser popular, malia que esta popularidade proveña dun profundo desprezo por todas as bandas. Se fósemos coma el, unhas calumniadoras, diríamoslle, coma o Marqués de Sade sostivo na súa Philosophie dans le boudoir, ben divertida por certo, malia non concordarmos en todo con el, que o único que desexa, en tanto que membro da curia, é facerse co monopolio do desexo sexual para poder así acceder, sen tanta dificultade, a ter sexo con mulleres, homes e, aí están as denuncias a tantos compañeiros seus, tamén con nenos/as.

Non vai dicir nada Juan Antonio Reig Pla, bispo de Alcalá de Henares, desa su-bespecie humana do seu gremio que ten abusado de nenos e nenas sen consecuencias penais até o de agora? Sabe o bispo que estes noxentos sacerdotes son terroristas da infancia? Porque non deixa aos gays e lesbianas en paz e loita para que leven a estes dexenerados á trena? Ou é que o abuso de menores parécelle unha cuestión menor? Contemporiza con iso?

Te puede interesar