Opinión

Señores do BNG: Imposición? Non!


Aprobar una nova Lei de Normalización Lingüística para recoñecer o galego como lingua vehicular no ensino… e un ensino totalmente en galego”. Consecuentemente é que só o BNG plantexa que nos colexios se estude únicamente o galego. Ao respeto desta temática, sobre o galego nas aulas, nembargantes, o PP propón “potenciar o uso da lingua galega entre a poboación neofalante, por ser un ámbito de actuación estratéxico para incrementar a porcentaxe de falantes do galego”. Se non é así, eu tamén o teño claro, respeto á Lei a propor polo BNG: Comezan pola imposición do monolingüismo nas aulas, e, cando che din no que tes que falar, rematan dicindo o que tes que pensar. Non acepto a imposición dunha soa lingüa, do monolingüismo, na educación.

Nin que dicir ten, que este que suscribe, dada a miña nefasta convivencia-experiencia, na adolescencia, cos idiomas cooficiais hoxe en Galica, mantén un dito que recito con certa frecuencia: “Hablo castellano cuando quiero”, “galego cando me peta”; e sempre tendo en conta a persoa á que me estou dirixindo, pois considero que o idioma galego é, ademais dunha seña de identidade de Galicia, unha ferramenta de comunicación e entendemento. Compre, pois, facilítalo e potencialo, pero endexamais impoñelo. E de aquí non me moverán.

E porque dixen nefasta experiencia? Os que fumos cativos nados na aldea, e nos colleu o tempo da emigración á cidade –década dos 60 do século pasado- só sabíamos falar un galego contaminado co portugués, por ser, ademais de aldeáns, raianos. Polo que foi chegar a cidade, e eu máis outros que coma min tiveron o mesmo destino dende a aldea, convertímonos nos “faime rir” dos que eran nativos ou xa levaban tempo na cidade. Eramos aldeáns, paduanos e non sabíamos falar; foron algúns dos “piropos” cos que nos obsequiaban. Xa na escola, foi comezar a escolarización e levar xa a primeira lavativa; daquela nin “bullyng” nin farrapo de gaitas se coñecían. O caso é que, ás primeiras de cambio no colexio, tiven unha torpeza ou ineptitude á hora de escribir unha frase do ditado, consistente en pór “onde tocan as campanas…” e non “donde tocan las campanas…” Castigo!, consistente en repetir por escrito cincuenta veces nunha libreta, aparte da risa presencial dos demais rapaces. Mecachis!, non sabiamos castelán.

Pero co tempo, moitos daqueles que presumían de “hablar y escribir castellano” se metamorfosearon en galeguistas, incluso acérrimos, e, a nivel xeral, mudou o sentimento, e xa non eran paduanos, aldeáns, quenes procedían do pobo. E todos sabemos que non os hai peores que os arrepentidos. Foi por estas peripecias, contadas brevemente, as que fixeron meu o lema: “Hablo castellano cuando quiero, galego cando me peta”. A lingua galega como elemento e cultura de identificación de Galicia e como ferramenta de comunicación e entendemento cas persoas, veñan de onde sexa.

Hoxe en Galicia, coexiste un bilingüismo armónico, unha convivencia cordial entre as dúas linguas cooficiais en Galicia. É polo que continúo avogando firmemente, sobre todo dadas as miñas experiencias vividas no pasado e as máis recentes, pola liberdade fronte a imposición. Pero parece que o BNG non se sinte satisfeito, polo que leva no seu programa electoral o que di “un país con lingua de seu”, para impoñer o galego, ca derogación de Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino. Esto se denomina imposición, que non lle fai ningún favor ao galego. Toda imposición ten a reacción do efecto contrario ao pretendido.

Te puede interesar