Opinión

Acordo, pacto, fraude

A o día seguinte da reunión do ‘Hostal de los Reyes Católicos’, na Praza do Obradoiro, os xornais escribiron longo e tendido do acontecemento que para Galicia supuña a firma sobre o AVE. Iso si, uns o diagnosticaron de Acordo, outros de Pacto, e tamén recolleron como Fraude a visión do ausente BNG. Ou sexa, os que apoiaban, dicían e afirmaban a chegada da alta velocidade no 2012, agora tachan de fraude o 2015, porque o ven imposible. Algúns seguen ao pé da letra aquelo de: A primeira vez que me mintas a culpa é túa, a segunda vez a culpa é miña. Endexamais quere ser culpable o BNG.


A estas alturas, o Acordo/Pacto do Obradoiro, representa dunha vez por todas o blindaxe para a chegada da Alta Velocidade a Galicia, con prazos e inversións, con luz e taquígrafos polo medio. Poñerse a falar agora da significancia do Acordo/Pacto subscrito, representa unha obviedade, máis do mesmo, que non suscitaría interese xa que todo está dito. Todo o que se puidera escribir e dicir quedou reflexado.


Pero a min, gústame actualizar o pasado recente, o que foron dos persoeiros que en primeira persoa tiveron que ver ca chegada do AVE a Galicia e contemplalos do lugar dos feitos, aínda que non estean presentes. Borremos da memoria o 2012, a ex ministra de Fomento e toda a parafernalia que serviu para promesas do AVE en vésperas de procesos electorais. Por exemplo, estando contemplando o acto da firma no Hostal, viume a memoria a reprodución dunha deputada do PS de GA, cando días antes das autonómicas espetoume diante das miñas narices: ‘que eu saiba vostede é médico, non enxeñeiro, e se os enxeñeiros din que o AVE chega no 2012, non sei porque vostede afirma o contrario...’.


Chegáronme outras imaxes á memoria, que chamaron a miña atención. Imaxes que non se reproduciron ou pasaron case inadvertidas, ao día seguinte: o ex Touriño non estivo presente no acto. Touriño foi, en vida presidencial, o grande damnificado polos incumprimentos que, gracias a selos -¡maldita gracia!-, se estaban a firmar no Hostal para desbloquealos. O ausente, se estivera presente, se lle revolverían a tripas ao oír o seu compañeiro e ministro de Fomento recitar aquelo de ‘La extensión del tren de alta velocidad a Galicia es, sin duda alguna, una de esas obras de gran envergadura, que merece un acuerdo a salvo del vaivén político, como decía Indalecio Prieto’. ‘Que haría yo para merecerme esto’, intúo que diría Touriño se estivera no acto.


Foi Churchill quen afirmaba que na política hai inimigos, inimigos mortais e compañeiros de partido; e que os verdadeiros inimigos non son os das bancadas de enfronte, senón os que están detrás. Razón tiña, para xustificarse o ex Presidente. Qué papelón o de Touriño ter que asistir ao Acordo/Pacto, decatándose que se se estaba celebrando a firma era nin máis nin menos polos incumprimentos, os mesmos do que lle mentiran durante toda a súa presidencia.

Te puede interesar