Opinión

Área sanitaria integrada

Nos últimos días estamos a observar como, consecuencia da intención de creación das Áreas Sanitarias Integradas, unha Plataforma valdeorresa para a Defensa da Sanidade Pública se está mobilizar baixo o temor de: ‘Regresar 30 anos, ao 1985; podemos despedirnos de moitos servicios, pois os servicios que teñan un custe importante faranse en Ourense, e os traballadores poderán ser desprazados ata a capital, entre outras consecuencias’. Se este é o problema, nada máis lonxe da realidade. O que se pretende mediante a Xestión Integrada, a través das Áreas Sanitarias Integradas, é que cun único equipo xestor e por tanto iguais obxectivos e visións, facer posible un maior achegamento e coordinación entre os niveis asistenciais (Atención Primaria-Especializada, Hospitais comarcais-outros Hospitais), cuxa interrelación é fundamental para o mellor funcionamento do sistema sanitario. A partir de aquí, o debate que se pretende xerar coas Áreas de Xestión Integrada é unha distorsión da realidade que obedece a intereses fóra dos estrictamente asistenciais ou técnicos. A máis abundancia dicir que a Lei de Saúde de Galicia 8/2008, nos artigos 67 e 68, establece a ordenación territorial a través de Áreas Integradas de Saúde.


Este modelo de xestión xa se está a levar a cabo en outras Comunidades Autónomas, e é defendida por gobernos de diverso color político -Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña, Valencia, etc.-; porque obxectivan a necesidade de un maior achegamento e coordinación entre o nivel de Primaria e o de Especializada; ademais de concibir a atención sanitaria como un proceso continuado, e para iso a integración dos servicios facilita esta continuidade. Un modelo que permite pois organizar a asistencia por proceso, buscando a sinerxia sanitaria e social e supere a actual separación entre atención Primaria e Especializada. Por conseguinte non estamos falar de ningún regreso a tempos pasados. Este tipo de xestión foi anunciado electoralmnete por outras formacións. Agora, o obxectivo da Consellería de Sanidade, é poñer en escena esta ferramenta de xestión integral das necesidades de saúde dos cidadáns: -Responsabilidade integral na continuidade asistencial en cada paciente, como superación da actual fragmentación da responsabilidade por centros.


-Reducción da duplicidade de probas, procedementos e tratamentos.


-A integración progresiva da atención en procesos, conleva a utilización do nivel máis axeitado de atención en cada etapa do proceso asistencial. Mellora da comunicación. A desaparición das barreiras entre niveis asistenciais permitirá considerar a atención de cada paciente como un proceso lonxitudinal sen rupturas. Polo que hai motivos para a constitución de Áreas Sanitarias Integradas: 1) Centrar a integración de todos os recursos de atención á saúde. Unha autoridade sanitaria unificada por Área.


2) Integración dos distintos niveis asistenciais; así a atención sanitaria debe ser un continuo no ámbito Especializado ou na Primaria, dependendo da necesidade concreta.


3) Por motivo de eficiencia do sistema; xa que no marco da integración de recursos, nos permite a utilización máis eficiente en cada momento do recurso máis axeitado as necesidades de saúde da poboación.


Os detractores das Áreas Sanitarias Integradas esgrimen o perigo de que os intereses da atención Especializada, por mor do seu maior presuposto e visibilidade político-mediática, acaben laminando a atención Primaria. Nembargantes, do que se trata, é introducir unha ferramenta de xestión que mellore a calidade da atención prestada ao paciente (centra todo o proceso do paciente), incrementa a eficiencia (evita repetición de probas e demoras entre niveis) e tamén a coordinación de profesionais. A partir de aquí a satisfacción xa que melloran as condicións de traballo e os resultados.



Te puede interesar