Opinión

BUSCANDO A EFICIENCIA MUNICIPAL

Visualizando o contido de 'En portada' de La Región do maldito ?morte traumática de dous traballadores na defensa do patrimonio forestal de Galicia- venres 13 de agosto, me viñeron á cabeza dúas vellas e sempiternas reivindicacións de Galicia e Ourense. Tan antigas e repetitivas que, segundo pasa o tempo, da máis noxo volvelas a recordar. Ata semella que non dispomos de outras iniciativas...; cando, ao non lograr aquelas, difícilmente poderemos avanzar na resolución de outros problemas. E, ademais, serve a irresolución para ir tirando con máis do mesmo e encherse de razóns co de sempre.


Por un lado, leo o titular, xa manido, sobre que 'Los ayuntamientos piden que la dispersión cuente en la financiación estatal. La gran cantidad de núcleos poblacionales, junto con el envejecimiento, encarecen los servicios; pero el Estado no considera estos criterios en el reparto'.


A outra das reivindicacións, tamén con 'soleira', pero que esta vez non é motivo de 'En portada', é converter ao Senado na verdadeira Cámara de representación territorial do Estado. Só nos acordamos tamén da manida manifestación ?común en intencións en todos os partidos-, cando chegan as eleccións xerais.


Hoxe toca a noticia de 'En Portada', que trae de cabeza aos alcaldes, e que moi atinadamente xa tocou o secretario Jardón ?quen mellor que el-: a crise repercute, e vai 'in crescendo', sobre a prestación de servizos municipais, de maneira que moitos alcaldes e alcaldables o van pensar antes de tentalo. Aínda que, polo que sabemos, as repercusións do endebedamento dos concellos van máis alá do Padornelo, padecendo semellantes penurias e consecuencias; e non soportan tanta dispersión nin un envellecemento tan elevado. Polo que debe existir un criterio ineficiente común, que fai que algúns alcaldes tiren máis da manta que longa é a saba. Non só por aquí, senón do resto do Estado, os administrados valoran a calidade, inmediatez e competencia dos alcaldes, pola cantidade de obras, servizos e prestacións que poñen a súa disposición. E o que menos lles preocupa, a inmensa maioría de veciños, é a xestión dos recursos municipais, de onde os saca ou se empeña ao concello. ¡Isto é o de menos!, dise moitas veces, xa que alguén virá que tapará o burato. Nesta carrera desenfreada por ver quen da máis, hai alcaldes que pensando que non teñen nada que perder do seu bolsillo, contentan a maioría e van ter mellor garantida a reelección; os alcaldables non lles van á zaga..., e despois a cumprir. Polo que está ben que, dunha vez por todas, os mandatarios municipais decátense en priorizar, entre as moitas necesidades existentes, servizos. A eficiencia económica é unha máxima en todas as administracións, da municipal tamén.


Outra cousa é que determinados criterios e variables do territorio (demográficos, climatolóxicos, fluxos migratorios, orográficos, etc) non se teñan en consideración á hora do financiamento municipal. Que, dunha vez por todas, os alcaldes saiban os recursos cos que contar, para levar adiante a prestación de servizos. E, a partir de aí, que se lles pidan responsabilidades.


Así como aínda quedan alcaldes que non cobran recollida de lixo ou consumo de auga, pero piden subvencións; e concelleiros (dun lado e doutro) na oposición que votan en contra do cobro de servizos de obrigado proceder. Só por quedar bonito diante dos seus. As fallas de responsabilidade deberíanse observar con máis detemento, para alomenos deixalos en evidencia e respondan das súas accións. A administración municipal ten que ter claro a súa financiación, os rexedores municipais e veciños cales son as obrigas, que as necesidades sempre son ilimitadas pero os recursos limitados, e existe a obriga de tender á eficiencia dos recursos municipais e dar conta dela. Pero o primeiro é saber os recursos cos que contamos.

Te puede interesar