Opinión

BUSCAR A EFICIENCIA FARMACÉUTICA NON É ROMPER NADA

Cando se está buscando, mediante unha proposición de lei, un plan para crear un catálogo galego de medicamentos financiados pola sanidade pública, partindo do catálogo nacional, os socialistas queren facer ver na intención do PP apoiada polo BNG, un recorte de dereitos dos galegos respecto a outras comunidades autónomas. Pero despois da información contrastada, na que coñecemos que 'Cataluña aplaza el pago de la factura farmacéutica por falta de liquidez', debemos preguntarnos: ¿De que recorte comezamos a falar?: O de unGoberno que non paga por non tomar medidas, ou criticamos sen embargo ao goberno que desexa ser eficiente na prestación. Sempre considerei preferible actuar a risco de arrepentirse, que arrepentirse de non facer nada.


Vaia por anticipado que, a mencionada proposición de lei, non conleva suprimir ningún principio activo. Todos os principios activos estarán presentes no catálogo. Si actuar desde a óptica da eficiencia, para dar garantía de sostenibilidade ao sistema sanitario, nuns momentos de tremenda dificultade económica. Ningún protocolo, libro, tratado, ou estudio científico, que provea ao facultativo da capacidade para decidir o fármaco que se debe instaurar a un paciente, fai referencia a marcas comerciais senón á principios activos.


Cando o Ministerio de Sanidade non da mostras de liderar a sostenibilidade do sistema sanitario, aínda vendo que Cataluña (gobernada por presidente socialista) non é un caso illado, xa que Baleares (gobernada por presidente socialista) anunciou que en setembro esgotara a partida para gasto farmacéutico, ¿como se explica que os socialistas galegos poñan o grito do ceo, falando aquí de recortes? Diante de estas políticas paralizantes, os populares propugnamos que, non eliminando do catálogo de prestacións ningún principio activo, senón dos que están duplicados ?incluíndo marcas comerciais- se escollerán os máis baratos, respectando sempre os criterios de eficacia, seguridade e eficiencia, polo que está garantido ningunha mingua no tratamento prescrito ao paciente, ¿que se pode criticar? A clave está na existencia de alternativas terapéuticas que ofrecen os mesmos resultados, pero o custe para o sistema é ben distinto.


Non hai dúbida, que a crise económica está poñendo cerco ás políticas sociais ?sanidade é a máis social de todas-, a pesares de que todos os gobernos concéntranse prioritariamente nelas, á hora de confeccionar os presupostos. Pero o certo é que o aumento do gasto farmacéutico sempre está por enriba do crecemento da economía, do PIB. E se facemos caso que Cataluña é un país rico ?ou por iso tense-, sen embargo os farmacéuticos cataláns só cobraron o 30% da factura de medicamentos do mes de agosto; e non é un caso illado pois, como se dixo, Baleares anunciou que en setembro esgotou a partida presupostaria para farmacia, non se entende que non se lle faga caso o dito: cando a barba do teu veciño vexas pelar pon, ao menos, a túa a remollar. A non ser que, en vez de tomar medidas racionalizadoras, pensen ser tancredistas.


En Galicia, seguro que nas demais comunidades autónomas ocorre o mesmo, a sanidade representa un terzo do presuposto da Xunta. E o gasto farmacéutico, xa está próximo ao 30% do presuposto da Consellería; do que se deduce que buscar a eficiencia en tempo de crise, sen menoscabo da seguridade e da liberdade de prescrición, xa que se poderán seguir prescribindo os principios activos que o médico considere, é unha máxima necesaria. Porque, desde logo, estar esperando que o Ministerio de Sanidade lidere algo parece unha utopía. E aos feitos amárrome: os anuncios de fixar prezos de referencia, ou crear unha central de compras, quedáronse en? palabras. A liberdade do médico está en escoller o principio activo que considere adecuado.

Te puede interesar