Opinión

¡Que Celanova non perda a oportunidade!

Mando recibir en este Monasterio, por siempre jamás, a siervos y libres, a nobles y plebeyos de cualquier lugar que provengan...’ (se isto non é unha hospedaría, que veña San Rosendo e o vexa). O caso é que o 27 de novembro, gracias a xenerosidade do Grupo Popular de Ourense -quizais ao coincidir o meu nome co do Santo, algo tivera que ver-, defendín unha Proposición non de Lei para a construcción dun parador nacional de turismo no Mosteiro de San Rosendo en Celanova, que se beneficiaría dun destacado legado histórico, artístico e cultural. O castro de Castromao, a capela de San Miguel, Vilanova dos Infantes e o Mosteiro de San Rosendo, conforman, xunto coa Casa dos Poetas (Curros, Celso Emilio), un rico patrimonio moi difícil de superar.


Desde o Estado estase a impulsar a construcción de paradores nacionales en pequenas vilas e localidades, para potenciar o turismo, nas que se aproveitan habitualmente edificios de singular valor arquitectónico e histórico. Un dos últimos, inaugurado por Zapatero, o Parador de Alcalá de Henares, recuperando o antigo colexio-convento dos Dominicos de Santo Tomás. Celanova non é menos, non existen xustificacións para quedarse atrás. Oír ‘razoar’ en contra, que se vai ‘desaloxar’ o ensino público (BNG), resulta demagoxia fácil. E ter que escoitar do PSOE que non é rentable, porque non habería clientes, cando hai oito anos instaba ao alcalde para que xestionara a instalación dun casino de xogos no mesmo recinto, semella esperpéntico.


O efecto dinamizador dun parador (recoñecido en intervencións polo propio Anxo Quintana cando era senador, así como o ex director xeral de Turismo do seu propio partido durante o bipartito) está avalado por estudiosos na materia: produce no entorno efecto de atracción para restaurantes, servicios turísticos, afluencia de viaxeiros; supón un revulsivo para a actividade económica da zona, emprego directo e indirecto, impulsa a recuperación patrimonial e urbanística, e, como consecuencia, mellora a renda per cápita da poboación.


Non privemos pois a Celanova dunha inversión coa dobre condición de infraestructura básica e de motor socioeconómico As opinións autorizadas reflicten que existen poucos mosteiros da calidade, das condicións arquitectónicas do de Celanova, e cun potencial de rehabilitación impresionante, sen olvidar a súa localización para acaparar turismo. Ningún desaloxo do Instituto. Previamente habería o traslado a un novo edificio, coa vantaxe de que a instalación coincide na zona escolar e deportiva no casco urbano. Actualmente, existen problemas como o que xenera o mantemento das aulas, dificultades que ten o edificio para adecuarse á normativa escolar, gastos de calefacción, instalacións, e graves deficiencias de propagación de sinal en edificios con grandes muros de pedra para tra ballar coas novas tecnoloxías, tipo redes de wifi e outros tipos de conexión.


Celanova ten tódalas condicións para liderar o turismo cultural da provincia de Ourense, en nalgúns aspectos específicos (literario, musical ou arqueolóxico) do sur de Galicia. E dinamizar un comercio que está necesitado dun claro incentivo para promover a súa modernización, co reto de competir coas grandes superficies. Sen embargo, carece dun referente dotado de personalidade propia e co poso da historia e da arquitectura como atractivo, que difícilmente lle pode aportar un edificio de nova planta por moi audaz que poida ser o seu deseño.


Non privemos pois a Celanova dunha inversión coa dobre condición de infraestructura básica e de motor socioeconómico. Un proxecto global, dun plan de dinamización turístico con potenciación de recursos turísticos arredor do patrimonio histórico de Celanova, incluído o museo de San Rosendo nas dependencias adxacentes ao claustro barroco. O Concello de Celanova conta cun ambicioso e definido proxecto cultural que non só avala a proposta de construcción do parador, senón que fai imprescindible a súa instalación, pois nel é onde se sostén a capacidade de internacionalizar a oferta e comercialización de todo ese producto descrito nese proxecto cultural. O que deberían facer os que descoñecen este proxecto, antes de opoñerse de forma tan irracional ao futuro, é informarse, coñecelo e logo extraer as conclusións que queiran, que seguro que diferirán moito de ser as que ata o de agora teñen sacado.


(*) Deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia

Te puede interesar