Opinión

Censura, xuíces, Igrexa e Couto Mixto

Cantos persoeiros, institucións e contido xuntos -¡líbreme Deus!-, metidos no antigo territorio arraián do Couto Mixto, asentado entre Calvos de Randín e o concello de Baltar? Chama a atención aos lectores de La Región, cando esta informa que na demarcación do pequeno concello de Calvos de Randín se nomean tres novos xuíces honorarios. ¿E van? Cada novo xuíz recibe diploma e vara de mando simbólico. Menos mal que o mando é iso, simbólico. Só así enténdese que, a pesares de tanto xuíz nomeado no pequeno Concello, non se cumpra o artigo 197 da Lei Orgánica 5/1985; a xuíza que obriga a cumprila, repetir a moción de censura no Concello, é de verdade. Pero como cando o ano ven de piollos non hai nada que se cumpra, nin ninguén que mande parar, coa Igrexa se atoparon os do Couto Mixto. A Igrexa ordenou, aínda que neste caso consistiu en deixar a Igrexa e aos seos santos en paz. ¡Que pena!, semellante medida, derivada da divindade; os xuíces honorarios xa non disporán da bendición eclesiástica. ¡Non me xurde a menor dúbida!: é unha grande perda para tantos humanos xuntos non ser acompañados, para tan alta distinción, baixo o presbiterio co Santísimo no sagrario.


Pois agora toca facer algo, e non só nomear xuíces e ocupar a Igrexa de Santiago. A República está esquecida, a do Couto Mixto, claro está. E a Igrexa deteriorada. ¿Qué por falla de fieis, se utiliza o lugar santo para cuestións honoríficas? A Igrexa pertence a unha República esquecida. Recuperemos a República e recuperamos a Igrexa, e quizais nunca como agora, en Calvos de Randín, República e Igrexa poidan ir tan amigable da man.


Din os políticos que gobernan o concello de Calvos que foron os veciños os que no seu momento impediron a celebración da moción de censura. Outros, non moi des camiñados, o achacaron a non presencia de forzas de orde público para facer cumprir a Lei. En Calvos se nomean xuíces honorarios a feixes, pero a lei está sen cumprir. O Bispado pídelles aos Amigos do Couto Mixto que deixen a Igrexa en paz, pero non hai conformidade. Pois toca, e ben que toca nesta ocasión, posicionarse axiña para non deixar abandonada a República esquecida. E rehabilitar a Igrexa abandonada.


¡Xa hai plan! A presidencia da UE por España, o ano que vén, porá remedio a realidade. O secretario de Estado para Asuntos Europeos prometeuno a distancia. Xa nin República esquecida nin Igrexa vencida. Iso si, o cumprimento da Lei 5/1985 depende da xustiza do Estado monárquico de España. Iso xa é fariña doutro costal. Ata o momento o escenario se compón de República do Couto Mixto: esquecida. Igrexa: ocupada para nomear xuíces honorarios, pero abandonada. Moción de censura parada: non cumprimento da Lei. Reivindicacións e promesas: a tutiplén. Xa dicía o pensador: as vontades débiles tradúcense en discursos; as fortes sen actos.



Te puede interesar