Opinión

COSTIÑA DE CANEDO: ¡BATENDO RECORDS!

C umpriuse, coa celebrada como sempre o primeiro de xaneiro de cada ano, a edición 18. É a apertura do calendario deportivo en Ourense, e a apreciación xeral pódese resumir nun comentario: 'Os humanos poden resistir calquera cómo, se se ten un por qué'. Porque altruísmo, esforzo e espectáculo lúdico deportivo, batendo records, foi o vivido na subida a Costiña de Canedo polas ramplas con pendentes do 19% -traxecto de máis pendente de todos os camiños de Santiago-, ao través dunha lonxitude de 2.166 metros de costa e 1.100 metros máis ata chegar á igrexa do Castro, auténtico balcón de Ourense. Ademais de cita de amizade e bos desexos cara o ano que empeza, mentres a maioría trata de recuperarse dunha longa noite de... parranda.


Batendo marcas, é a obxectiva apreciación que dan os números, tras a subida á Costiña, xa todo un referente cada primeiro de ano en Ourense. Nesta ocasión xuntámonos, xa minutos antes das 12,30 horas ?comezo da subida-, vinte ciclistas e máis de sesenta atletas, todos para acompañar ao auténtico protagonista da cada ano, ademais de descubridor e iniciador da proba, Saturnino ?camareiro ciclista ou ciclista camareiro, como prefiran-, unha auténtica gacela, ataviado cun seductor traxe de camareiro que, lembrando a Paulo Coelho no seu 'Manual del guerrero de la luz', sabe que o poder da gacela é a habilidade das súas patas. Saturnino emprega para esta ocasión a forza e a habilidade das pernas e as mans, cunha estampa física inmellorable enriba da bicicleta; pedalea costa arriba, desafiando a climatoloxía, pendentes con ramplas variadas, polo amor ao deporte que puido selo todo para el, pero que resultoulle ser o desafío ao esforzo e o espectáculo a cantos sabemos das súas fazañas, que moitos dos profesionais do ciclismo admiran.


Estamos ante a prohibición, senón total en grande medida, do consumo de tabaco en moitos lugares. No ano 1996, á hora de xustificar as proezas sobre a bicicleta, Saturnino manifestaba: 'Todo xurdiu a raíz desas campañas contra o tabaco; inténtase concienciar á poboación dos perxuicios que orixina o tabaco, pero xamais recórdanse de nós, os camareiros, que somos as principais vítimas. Partindo deste principio, e conxugando ca miña paixón polos retos difíciles xurdiu esta iniciativa'. O principio tamén resulta válido hoxe.


Nesta edición, ao ciclista camareiro e escalador, con bandexa -repleta con doce copas- sostida coa man esquerda ao mesmo tempo que conduce a bicicleta, tivo bastante máis compañía que en subidas anteriores, proba inequívoca do protagonismo que vai adquirindo a espectacular subida do primeiro día do ano. E o tempo que lle levou nesta ocasión foi de 16,28 minutos que, sen bater o récord, non está mal para máis de tres mil metros coas pendentes antes ditas. O aguerrido deportista antitabáquico sabe que, por máis difícil que resulte o obxectivo, sempre existe unha maneira de superar obstáculos: crecerse diante da adversidade e superalos. ¡Seremos moitos máis no 2012!

Te puede interesar