Opinión

Enredos municipais

Cando os acontecementos -políticos, sociais, económicos-, para nada afagadores, na provincia e cidade nos invaden, resulta que os grupos políticos que conforman o goberno municipal do Concello de Ourense, e que terían que estar prestando unha atención integral aos cidadáns, pois andan de enredo en enredo. Non se atende ao fundamental, pero se perden as enerxías en diatribas no accesorio, que só importa para saír ben parado cara o xuro partidista. É o que se entende primar o xuro particular sobre o xeral. Do que estou a escribir dá idea o informe da Federación Galega da Construcción, ao informarnos que ‘os investimentos do Estado en Ourense baixaron en 89 millóns de euros no 2008 con respecto o ano anterior’, o que ven a significar unha baixada do 81% nas adxudicacións de obra pública por parte do Goberno central.


Pois caendo estes chuzos de punta, os dous grupos que sustentan o bipartito do Concello ourensán, o mesmo día que sae a luz o informe antes dito, brinca enredando no que ignora por medio do que sabe como se non houbera cousas máis importante ao que dedicarlle o tempo: o BNG enreda sobre a decisión de aparcar ou non a ‘marca’ Tenencia de Alcaldía, ao tempo procura enredo sobre a reestruturación do seu grupo e colocarlle xa feita a nova remodelación das áreas municipais ao alcalde socialista. Fagan caso e non lle boten tanto cogombro ao gazpacho.


Unha parte do bigrupo desexa mandar e ata parece que o fai, a outra loita por non quedarse relegada. O resultado final é que, no intento, non goberna ninguén. Nin sequera se lles ve unha sinerxia de forzas. Así, tal cal, llo contaba a un amigo, ao que este respondeume: ‘Mandar, o que se di mandar, non é como o contas. En razón do número de concelleiros mandan os socialistas, e inflúen os do Bloque. E como ten máis poder influír que mandar, de aí que non se saiba con certeza quen goberna’. Xa todo se atopa máis enredado, entre gobernar, mandar, influír..., as responsabilidades se dilúen.


Enredarse en remodelacións das partes, do que se ignora e non poñer empeño en solucionar as demandas, conforman un un goberno municipal, que ten ao día de hoxe a prioridade de como poder mostrarse publicamente como goberno compacto, homoxéneo e único. Se decataron que se non existe unidade non hai forza e o resultado é un goberno débil, imposibilitado para acadar obxectivos e corrixir carencias.


E chegado aquí quero recordar aquel pintor, tan malo que non sabía con certeza o que ía saír da súa man. Cando lle preguntaron que pintaba, el respondeu co dito, sen importarlle o mais mínimo o resultado final: se sae barbas, San Antón, e se non, a Purísima Concepción. Que ben a ser o mesmo que dicir: enredarse no que se ignora, por medio do que se sabe.


(*) Deputado do PPdeG no Parlamento autonómico

Te puede interesar