Opinión

Pero... ¿é mellor a rectificación?

Hai estrofas de discursos célebres que son válidas e están actualizadas para diferentes oportunidades presentes, e ata futuras. E, na actual España, as oportunidades se multiplican para que calquera anécdota dun discurso pasado se poida converter en rabiosa actualidade. Son tantas esas oportunidades que o actual Goberno de España ofrece, que en cada decisión que toma xa é raro non acordarse dalgunha anécdota de dictadorcillos de por aí adiante.


Pasou máis dunha década desde que un discurso de Fidel Castro alporizara ás masas con aquela alusión franca e chea de razón: 'Hay que rectificar los errores que cometemos en la rectificación de los errores, lo cual se darán cuenta ustedes que es definitivo'. É o máis parecido ao que acaba de suceder co Goberno de España, pero... ¡cunha salvedade!: o Goberno, antes de rectificar, proba se se pasa por un erro; ou fai unha acendrada pirueta de amago, para observar as reaccións dos afectados; e se estes son dos seus e poñen o grito do ceo, pois... se fai a pirueta. E se explica 'asegún'. Alomenos Fidel Castro di a verdade de fronte, públicamente, sen mentiras polo medio.


Pero con ser esta a enésima rectificación, bandazo ou unha forma de facer política a salto de mata, agora o difícil é saber se era máis conveniente, ¡e mellor!, a medida tomada, ou a rectificación. Porque si, é certo que hai concellos endebedados ata as 'cejas', e sendo a primeira medida (a da prohibición xa) para todos, cando hai concellos que levan a raxatabla as súas contas, o que non é de recibo é que paguen xustos por pecadores. Aínda que, despois, a rectificación é do máis perversa, xa que se lles abriron os ollos aos concellos; co cal se van a endebedar antes, incluso os que non tiñan intención de facelo. E facilitándolles o prazo.


A pregunta é: ¿era mellor facer o parón de endebedamento municipal por sorpresa, aínda a expensas de que pagaran 'xustos por pecadores', ou errar (segundo a ministra) e despois rectificar (segundo Zapatero), para que, agora si, os concellos acaden o máximo endebedamento? Recórdame a aquel pai que lle di a súa filla a hora que ten que estar necesariamente na casa, non tarde ?por suposto-; o que non deixa outra opción que adiantar o pecado se é que a súa intención é tal. Cando non se barrunta ningunha política económica clara, andamos a salto de mata, e sondando soterradamente.


Unha advertencia aos concellos: se non se endebedan para pagar o que deben, ou para dar máis servizos aos veciños, malo. E se se endebedan, non saberán o que vai ocorrer con esa débeda: se terán que afrontala eles, como poidan, ao longo do tempo e esperando (como fai ZP) a que escampe, ou vai vir papá Estado a botarlles unha man. Entón é cando os que non se endebedaron se van tirar dos pelos.


Houbo e hai vacilacións, que son o indicio máis vehemente da debilidade dun goberno a deriva, sen control, sen coordinación e sen saber como... O resultado vai ser que, como sempre, o mal asomouse con alas, e agora fuxe coxeando. O que nos espera vai estar en relación directa coa incapacidade de non saber sufrir. ¡Que perigoso é ter razón cando o goberno está equivocado!

Te puede interesar