Opinión

OPORTUNISMO DO 'PATO COJO'

Foi coincidente no tempo que chegaran aos meus dominios, por unha banda, un número da revista do 'Colegio Notarial de Madrid', onde o artigo central se refire á pregunta: '¿Están los políticos a la altura exigible?'; e tamén, por outro lado, atópome en un xornal cun artigo periodístico no que se afirma que Zapatero sofre a crise do 'Pato cojo'. Dúas patas ?a pregunta e a afirmación- que, a o meu parecer, forman parte do mesmo binomio.


Aínda que, lido o anterior, seguro que vostedes se estarán preguntando a verdadeira relación interpretativa entre interrogante e afirmación. Pois si, ten que ver. Nestes momentos, segundo todas as enquisas ao respecto, a clase política pasa polos seus peores momentos de credibilidade; e corresponde no tempo cando Zapatero sofre, ou mesmo comeza a padecer, o síndrome do 'Pato cojo'. Porque... ¿están os políticos á altura exixible? Corrupción, partitocracia e deslealdade constitucional son termos que rodean e inundan a vida política, máis do que debéramos oír, ler e observar cotidianamente. ¡E unha reflexión!: non haberá mellora da administración se as propostas de reforma e exixencias de capacitación afectan unicamente aos funcionarios e demais empregados públicos, e non aos seus máximos dirixentes políticos. ¡Entendido!, as cousas da res pública non as pintan claras.


'Lame duck', en castelán 'Pato cojo', foi orixinalmente aplicado no século XVIII en Gran Bretaña para designar a bancarrota dos homes de negocios, que foron considerados como 'cojos' no sentido figurado, que os seus poderes lles fixera dano e os volvera vulnerables, como se foran a ave ferida.


No 2007, Bush dixera o que todos os anos debe dicir o presidente polas mesmas datas, no rito de felicitar as Pascuas: que a Unión está forte. Pero, en esta ocasión, o estado do 'Pato cojo', é dicir o mesmo presidente, é desastroso. Hoxe se di que Zapatero padece o síndrome do 'Pato cojo', xa que durante os meses finais do segundo mandato perde autoridade e cada cal empeza a facer a guerra pola súa conta.


O que non se dera ata agora, nin aparece na literatura mundial, é que o pato ?xa estivera coxo ou ferido- se aliara con outra ave ferida do galiñeiro revolto, a calquera prezo e sen contar co interese xeral de ese galiñeiro, para continuar liderando un liderazgo en entredito. Da mesma maneira, Zapatero negocia e chega ao acordo cun partido vasco, á marxe do interese xeral do Goberno vasco, a súa continuidade obviando o interese xeral de España.


O pato estará coxo, ferido, pero non perde aspiracións, sen importarlle o que lle rodea. Ao presidente lle veñen mal dadas por todas as partes, aínda que o seu afán de supervivencia non lle deixa ver máis que o seu propio interés. Cre que a realidade é el. E por este sendeiro é polo que a asociación do binomio 'Pato cojo' coa nefasta consideración que sofre a clase política, non nos debe estrañar: é un feito. E chegados a estas alturas deberíamos preguntarnos: ¿partidos nacionalistas fortes, para negociar necesidades ou para chantaxear a un presidente afectado do síndrome do 'Pato cojo'?, que nin os seus xa respectan. Obviase a solidariedade interterritorial, os intereses xerais; é o prezo que todos temos que pagar polo tratamento paliativo e sintomático dun pato coxo e ferido. Xa tiña dito Neme: os feridos bastante teñen con ver para si mesmos, e mentres poidan agárranse a un cravo ardendo.

Te puede interesar