Opinión

PLAN DE RESIDUOS: MOITO RUIDO, POUCAS NOCES

Cando non se pode convencer coa forza da razón téndese á confusión. Foi exactamente o sentir co que saíron a maioría dos que acudiron a convocatoria do Foro La Región no Auditorio, diante do seu afán de sacar conclusións sobre 'A planta de tratamento de residuos en O Irixo'. Efectivamente, o tema era delicado ¡e continuará sendo! Qué mellor idea e ocasión co Foro, onde partidarios dos dous bandos tiñan a oportunidade explicativa. Pero? ¡todo o meu gozo ao pozo! Comeza o debate e a preocupación dunha parte dos asistentes é o idioma a utilizar: ¡hai que falar en galego!, vociferan, tal cal, uns cuantos. Parece que non preocupa que membros da mesa de debate non sexan galego falantes e poidan expresarse no idioma, entre os dous cooficiais, co que mellor expliquen o importante tema. ¿Acaso non é a lingua un instrumento de entendemento e comunicación, diante de calquera outra cosideración?


Porque o primeiro criterio a considerar é que estamos diante dunha cuestión que esixe unha alta responsabilidade -non demagoxia-, tanto individual como colectiva; e como tal debemos actuar, afastando posicionamentos partidistas e coa conciencia de que se trata de resolver un problema social no que todos estamos implicados. A administración local non pode desentenderse e tratar como un problema alleo a recollida e tratamento dos residuos. E a partires de aquí surden máis dúbidas, que antes de entrar no Foro:


1) O alcalde de Piñor 'manifestou o seu desacordo pola ubicación'.


2) A concelleira do BNG de O Carballiño aclara 'que o problema non radica na ubicación, senón no sistema'.


3) E o representante veciñal argumenta que 'la salud y la supervivencia del entorno medioambiental deben primar'. Só obxectar que, despois de anos, a saúde e a supervivencia.... en Cerceda e arredores están como en calquera outro territorio, pero con mellor calidade de vida. ¡Que llo pregunten ao alcalde socialista!


¡A saber!: a planta no é unha incineradora; incinerar é queimar directamente o residuo, sen ningún aproveitamento. O plan prioriza a redución, reciclaxe e compostaxe, sendo a incineración o tratamento finalista con menos impacto. Tal e como ven ocorrendo nos países máis adiantados de Europa: Alemania con máis de 70 plantas deste tipo, Dinamarca, Suecia, Holanda..., e comunidades autonómicas. O realmente malo para o medio ambiente é non facer nada. E temos que ter claro que a reciclaxe é fantástica; a compostaxe, unha boa solución para certos residuos... pero hai moitos outros nos que só temos dúas alternativas... aproveitalos ou enterralos. Referirse ao futuro complexo de tratamento como unha 'planta incineradora' constitúe unha visión reducionista. Só facer ver que a Directiva Marco sobre os Residuos 2008/98/CE, no artigo 4, dispón a mesma secuencia que o Plan de Residuos galego: redución, reutilización, reciclado, outro tipo de valorización ?por exemplo a enerxética-, depósito en vertedoiro.


Se a información é o poder, perdemos unha boa oportunidade no Foro La Región; ¡aínda hai tempo! Só o saber nos fai libres e nos libera de prexuízos. ¡Qué pena!, que a pesares da tranquilidade, paciencia e mestría que amosou o moderador, diante de quen tentou reventar o acto, non se puideran clarexar dúbidas. Pero se intentou, convocando un acto aberto, demostrando gran valentía e altitude de miras por parte de La Región.

Te puede interesar