Opinión

¡Que viva o cambio!

Desde aquel outono de 1982, no que se puxo en valor o ‘Por el cambio’ que alcanzou o obxectivo que levou aos socialistas ao Goberno de España, xa pasou tempo; pero séguese apelando aos cambios. Así, cada vez que os políticos desexan alcanzar o poder, ou mesmo perpetuarse nel, chaman ao cambio e á culminación do cambio, respectivamente. É, poñamos por caso, o que pedían os socialistas aos galegos hai uns meses: ‘Para levar adiante o cambio definitivo, e non volver atrás, vota ao Presidente Touriño, vota socialista’, viñan dicir.


O cambio é un valor, polo que na práctica implica unha percepción, un sentimento e ata un pensamento. O cambio, din os tratados ao respecto, debe visualizarse non como unha ameaza, senón como un beneficio, como algo que leva a unha vida máis próspera para todos. É algo positivo, pois fai de cada un de nós un ser vivinte, que loita, gaña e se fortalece no ben.


Desde aquel 1982, tras o eslogan ‘Por el cambio’, sucedéronse oportunos, oportunistas e variados cambios. Oise a cotián falar do ‘cambio de sexo’, e mesmo que o financie a Seguridade Social. Escoitase aos traballadores referirse ao ‘cambio de traballo’, se é que non quedan sen el. Agora, en cada proceso electoral que se prece, hai que nomear o cambio climático, aínda que non se intenten medidas para combatelo. ‘Cambio de chaqueta’ houbo e haberá, sempre que as persoas sexan humanas, sintan frío... ou xoguen a política. ‘Cambio de aires’ é unha recomendación que fan os médicos aos pacientes que poidan beneficiarse da medida; toda unha terapia, que a veces faise voluntariamente cando as cousas non van como deberían.


Existen cambios, recambios... e volta a comezar. Pero o auténtico cambio, verdadeiro e real cambiazo, foi o do anterior presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e non por pedirlle aos galegos a non volta atrás, como el explicaba. O seu particular cambio foi cambiar, en catorce meses, 24 neumáticos das rodas do Audi blindado. É o que se di traballar, viaxar sobre seguro cambiando rodas.


A min tamén gustaríame cambiar. Só cambiar constantemente de vida, de casa, alimentación e ata de pel. E se puidera cambiar as catro rodas do coche dunha tacada, seis veces en catorce meses, recapacitaría dos moitos quilómetros inútiles feitos, ou se lles saquei partido. Xa o saben, cando un político se autodenomine progresista e pida cambio, pensen qué é o que desexa cambiar. No mellor dos casos pódelles estar insinuando o seu cambio sobre rodas. No peor non é doado pensar.



Te puede interesar