Opinión

Xogar na casa

Os equipos deportivos, en xeral, gústalles competir na casa. Que os partidos se xoguen no seu terreo de xogo, ante os seus animosos xiareiros; así séntense máis arroupados. E, pola contra, os adversarios máis desprotegidos, ou mesmo atemorizados, sen capacidade de reacción ao non estar animados dende as bancadas. Tamén ocorre en ocasións, cando non existe boa sintonía entre equipo e xiareiros, que os xogadores desexan competir fóra da súa casa, para que non lles dean caña. Non hai peor enfrontamento que ter ao propio público en contra.


Moi lonxe do foco de interese económico e social foi onde Zapatero fixo o anuncio da planificación enerxética española. Así, Zapatero abordou o polémico peche de Garoña en Madrid, non no lugar da noticia e do problema da xente, en Garoña. É o que se di xogar en campo alleo, por se acaso, para non recibir pitadas. Aínda que a credibilidade se demostra cando se dispón do discurso no escenario dos feitos, e non a distancia. Renunciou a xogar en campo propio, no terreo onde ¿quizás non ía a ser ben recibido? Pero os efectos colaterais non se fixeron esperar. Cando un equipo é mal recibido na súa casa, e como consecuencia non lle apetece xogar nela, a directiva toma medidas; e unha delas e marcharse porque, despois de asubiarlle aos xogadores e entrenador, van polo presidente, directiva ou todo o que teña que ver co mando do equipo. Pois ben, un concello próximo a central de Garoña deixará de estar rexido polos socialistas. Mentres Zapatero explica as normas sobre a vida útil das nucleares en Madrid, di non as nucleares e compra enerxía nuclear ao país veciño.


Difícil xogar en campo propio, darlle de tacón ao balón que pode resultar bonito para a galería, pero non para acadar o resultado perseguido; pero cando hai problemas, e non se busca e consigue o resultado que che piden, estás condenado. E o que lle ocorre a Zapatero, que para ir a Garoña e dicir que as enerxías renovables son as máis democratizadoras da economía, e que calquera comunidade de veciños pode autobastecerse e exportar enerxías, e non saír pitado de alí, todo é un; para tal encomenda, xogar fóra da atención dos focos e do interese do público.


¿Cambiamos de entrenador, presidente e directiva do equipo, ou de plantilla? Se respectamos a doutrina Zapatero, a mellor planificación é cambiar de terreo de xogo. Non vaia ser que estea gafado e corramos perigo. Pónselle unha moratoria ao campo e o pechamos, tras anuncialo a distancia. Así, que saiban vostedes: cando teñan problemas nun lugar, e haxa que tomar medidas drásticas, está ben aplicalas, pero alí onde non encontres problemas e nada que perder, e ata poidan vitorearte . Co cal quedas tan pancho, e xa podes dicirte que eres un auténtico progresista. Escolla o campo de decisións.


(*) Deputado do PPdeG no Parlamento autonómico

Te puede interesar