Opinión

Como pai xa podes optar ao complemento de maternidade

O pasado 8 de marzo o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) a través dunha Orde remitida á súa plantilla, informa do cambio de criterio na xestión do complemento de maternidade -tan comentado nos últimos meses- ao que teñen dereito todos os pensionistas con dous ou máis fillos/as que accederan a esta situación entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 3 de febreiro de 2021 e que viran interrumpida ou afectada a súa carreira profesional con ocasión do nacemento ou adopación dos fillos e fillas.

A Seguridade Social indica que “procederá recoñecer o complemento de maternidade ao pai que reúna os requisitos necesarios para percibilo, ainda cando se houbera reconocido previamente á nai polos mesmos fillos/as”.

Ata o de agora, o criterio do INSS foi o de non conceder este complemento aos varóns, o que desencadeou numerosas reclamacións xudiciáis, as cales culminaron no pronunciamento do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), que dictaminou no ano 2019 que dita exclusión (o non recoñecer o complemento de maternidade aos pais), supuña unha discriminación. Dende entonces únicamente se recoñecía este complemento a aqueles pais que tiñan recoñecido o mesmo mediante sentencia firme; do contrario, denegaríase sistemáticamente.

Recentemente, o 21 de febreiro o Tribunal Supremo pronunciouse ao respecto a través da STS: 322/2024 indo un paso máis adiante, dictaminando que este dereito nin prescribe nin pode considerarse independente do cobro da prestación, argumentando que en ningún caso o inicio do prazo de prescripción podría fixarse antes da sentencia anteriormente mencionada do TJUE do 12 de decembro do 2019. Neste sentido, vese novamente modificado o xeito de proceder da Seguridade Social, que contemplaba un prazo de cinco anos dende o acceso da persoa á situación de pensionista para poder reclamar este complemento.

Na súa sentencia, o Tribunal Supremo declara firme o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, que señala a imprescriptibilidade de dito complemento. O supremo regula así o caso dun pai de tres fillos que reclamou o complemento sete anos despóis de empezar a cobrar a pensión e establece que o mesmo non prescribiu porque “goza da mesma natureza xurídica que a pensión á que complementa”.

Con este cambio de criterio agárdase que aqueles pais que reúnan os requisitos, poidan gozar do seu dereito sen necesidade de acudir á xustiza e recuperar os atrasos deste complemento aqueles que non o houberan reclamado por entender que o seu dereito estaba prescrito. Espérase así que todas aquelas reclamacións pendentes, se resolvan dunha maneira áxil que evite máis esperas para os beneficiados deste complemento.

Te puede interesar