Opinión

O ídolo caído

No 1992, Blackie Lawless sorprendeu aos seus fans e á industria da música con The Crimson Idol. O líder do grupo hard rock W.A.S.P., coñecido en longa medida polos seus excesos e as súas letras provocatorias e libertinas, presentouse ao público cunha ópera rock tráxica de inusual sensibilidade e beleza. Un concept álbum intimista profundamente crítico sobre a industria musical que tiña o seu ápice emotivo no tema The Idol.

En 2021, Abel Tesfaye, cantante de The Weeknd, anunciaba que crearía, produciría e coescribiría unha serie dramática para HBO xunto a Reza Fahim e Sam Levinson. Amy Seimetz ía a ser a directora dos seis episodios. A idea principal baseábase sobre unha carismática estrela do pop que conseguía superar unha crise artística a través da exploración sexual. A serie ía a ter un enfoque feminista, estaba protagonizada polo mesmo Abel Tesfaye e Lily-Rose Depp, a filla de Vanessa Paradise e Johnny Depp. Uns meses máis tarde, cun 80% da rodaxe avanzada, Amy Seimetz abandona o proxecto desatando as polémicas. O enfoque demasiado feminino da serie non era de agrado a Tesfaye e a serie pasou completamente na man do creador de Euphoria Sam Levinson. Non sabemos como tería sido a serie coa perspectiva orixinal, pero hoxe o que temos diante son cinco capítulos dun dos produtos seriais máis esperado do ano en HBO Max e probablemente o máis penoso.

Os primeiros dous episodios presentáronse con bombo e platillo na alfombra vermella da última edición do Festival de Cannes –sí, o mellor festival de cine do mundo- como a gran ficción estival capaz de repetir o éxito de Euphoria. No certame desatáronse xa algunhas críticas, pero a esperanza era que a serie remontase nos seguintes. Algo que finalmente non chegou a ocorrer.

The Idol vira arredor da crise existencial e creativa de Jocelyn, unha cantante pop entre Madonna, Britney Spears e Taylor Swift, que empeza unha relación tóxica co enigmático Tedros, empresario da noite e líder dunha bizarra seita de artistas, una “familia” ao estilo Charles Manson.

Desde o primeiro capítulo, ambos protagonistas resultan fóra de lugar e poucos cribles nos seus papeis. A medida que a serie avanza, fanse evidentes os defectos dun guión incoherente que encadea escenas de borracheiras e drogadicción a outras retrógradas de bailes sexistas e “porno de tortura”. A serie pretende transmitir sensualidade e transgresión pero despois do milésimo espido innecesario, chupito de tequila e diálogo burdo, acaba dando vergonza allea.

A fotografía da película móvese entre a escuridade e a saturación, ao estilo Euphoria, pero é un manierismo que cheira a pretenciosidade e tampouco acaba de encaixar. A música debería ter un papel importante nunha serie sobre a industria discográfica, transmitir emoción ou polo menos dar algo de respiro no medio de tanto baleiro, pero resulta un mero complemento, pouco desenvolvido e utilizado de forma convencional. O último capítulo, coa súa abrupta volta de torca, confirma o célebre dito que se algo vai mal, irá peor.

Definitivamente The Idol non é unha ‘buona visione’. O é a ópera rock de W.A.S.P. Na súa versión “Reldolized” do 2018 está o filme 62 minutos en branco e negro e cun toque lynchano que se rodou para acompañar as composicións do álbum. Pódese atopar facilmente na rede e merece un visionado.

Te puede interesar