Opinión

Rimini

5399605

Rimini como Hollywood, como Nashville, un lugar da imaxinación, onde os soños se tiran pola borda, a xente se suicida coas pastillas, ama, triunfa ou morre. Rimini é a Italia do ‘estás dentro ou fóra’. Rimini, moito ruído, moitas luces, moitos Café Chantant e gigolós». O escritor emiliano Pier Vittorio Tondelli describía así, en L’abbandono, unha das cidades máis retratadas polos cineastas italianos despois de Roma e Venecia. Máis de 80 películas foron filmadas na provincia de Rimini. Incluso as reconstrucións de Amarcord (1973) ou Los inútiles (1953) de Fellini, aínda que o cineasta preferiu escenificar os recordos da súa cidade natal en Cinecittà por entrar na súa memoria como un turista e así non querer quedarse enredado nel.

O cine retratou a cidade romañola en dúas épocas diferentes do ano, no inverno e no verán, dando lugar a escenarios e historias completamente diferentes pero mantendo o discurso sempre ancorado na dicotomía ilusión/desilusión. Se a Rimini estival é a das 80.000 habitacións de hoteis que jadean todas á vez, como a describe Luciano Ligabue en De cero a diez (2022), unha Hollywood costeira, das modas e do desexo, a que se atopa no inverno é a outra cara da mesma ficha: é un pobo frío e brumoso, a terra do desencanto.

Rimini é o título do penúltimo filme do austríaco Urlich Seidl que chega aos cines de España por man de Filmin, conxuntamente con Sparta, que sería a segunda parte dun díptico sobre a herdanza do nazismo. A Rimini de Seidl é esa segunda cara da cidade do Adriático. O cineasta, coñecido polas súas obras de estilo observacional pero profundamente perturbadoras, ofrécenos unha Rimini inhóspita e fantasmal, unha cidade de hoteis pechados e inmigrantes que son mortos viventes. A banda sonora asínaa o protagonista, Richie Bravo. É un veterano cantante do xénero “schlanger”.Canta temas sentimentais setenteiros en alemán con estribillos en italiano para as comitivas de xubilados do Centroeuropa de excursión pola costa en baixa tempada. Para complementar os seus míseros ingresos prostitúese coas súas fans de longa data. 

Michael Thomas é magnifico no seu papel de Richie Bravo, tanto que por momentos parece que estamos vendo un documental sobre un artista realmente existente –o estilo do cineasta axuda tamén a crear esta ilusión. Ritchie ten un irmán –é o inquietante protagonista de Sparta-, un pai ancián que, dentro de seu deterioro físico e intelectual, aínda recorda os cantos hitlerianos, e unha filla que reaparecerá na súa vida para poñelo diante das súas responsabilidades e tamén aos seus prexuízos raciais.

Rimini de Seidl é unha exaltación da melancolía, unha instantánea sobre a decadencia. Richie intenta desesperadamente revivir unha época de éxito que, quizais, nunca existiu. A desilusión é unha constante no filme, nos só nas performance de Ritchie, está presente en cada encadre, en cada luz de cor que parpadea como un grito diante de rúas xeadas e desertas. Reflíctese tamén no público maior de idade que asiste aos seus espectáculos. O patético salienta o cómico e hai momentos no que o filme podería tomarse como unha comedia negra, pero o humor é tan doloroso que finalmente acaba por resultar incómodo. A Rimini de Seidl é un perfecto reflexo da cidade costeira en inverno. E ten moito que ver con esta outra suxestión que escribiu Tondelli: «Unha cabina escamada polo vento frío do vendaval é, en si mesma, moito máis definitiva que un acto de morte».

Te puede interesar