Opinión

Sucesión

Succesion
photo_camera Succesion

O falecemento de Silvio Berlusconi e o revuelo mediático provocado pola apertura do seu testamento coincidiu case coa finalización da última tempada de Succession, unha das mellores series dispoñibles enteiramente no catálogo de HBO Max. Berlusconi e os seus cinco fillos, non foron a inspiración directa para Succession pero, grazas a ela, podemos facernos unha idea de como poderán vivir estes momentos os herdeiros do político e magnate da comunicación italiano.

O creador de Succession, Jesse Armstrong escribiu hai anos un guión inspirado noutra familia poderosa, os Murdoch. Ao non realizarse o filme, algúns dos feitos reais que caracterizaron a vida do propietario de Fox News, acabaron entrando inevitablemente na serie. A familia Redstone, donas das empresas de entretemento Viacom e CBS, así como os Trump, o shakesperiano Rey Lear e o icónico Hearst que inspirou o Ciudadano Kane de Orson Welles son outras referencias que Armstrong utilizou para confeccionar o magnifico e corrosivo retrato da familia Roy.

Succession é unha farsa dramática en torno ao poder e a política que vira arredor das relacións familiares do 1% dos megarricos do mundo. Os Roy son donos de Waystar Royco, un vasto imperio de medios audiovisuais e empresas de entretemento. A serie relata a feroz pugna interna por facerse co mando. Logan Roy é o patriarca desta familia disfuncional formada polos seus catro fillos. O maior é Connor, vive nun mega rancho edificado no deserto, bastante afastado das actividades das intrigas corporativas e con utópicas ambicións políticas. Ken é o único da familia que exerceu na práctica como directivo de Waystar pero, debido ás súas adiccións e problemas persoais, nunca chegou a obter a confianza plena dos demais. Roman é o fillo pequeno, un cínico que oculta detrás das borderías e dos chistes, uns graves problemas emocionais. Shiv, a única filla do clan, é unha muller ambiciosa, ten capacidades de liderazgo pero non consegue obter a aprobación pola cultura machista que goberna a familia e a empresa.

Succession é unha serie coral, actual, sobresaínte en moitos aspectos. O guión é perfecto, define en profundidade o carácter dos seus protagonistas ademais de exhibir un dominio absoluto das técnicas narrativas. As actuacións son de primerísimo nivel, ao igual que a atrapadora banda sonora do pianista Nicholas Britell. Capítulo tras outro, Succession consegue manter o nivel de atención - a primeira e a última das catro tempadas quizais sexan as mellores-. Tamén é unha serie implacable que non deixa esperanza. Celebra os aspectos máis turbios dun capitalismo omninpresente e deixa en evidencia as vertintes máis disfuncionais destas familias millonarias que viven nunha perenne insatisfacción. O retrato é devastador, a infelicidade e os puñais por detrás son unha constante, aínda que o humor axuda, nos momentos máis duros, a tomar distancia desta realidade tan poderosa como triste. Succession toca temas moi actuais. É unha serie adictiva, redonda de principio a final, perfecta para ser visionada enteiramente neste verán.

Te puede interesar