Opinión

Unha trabe e un cuarto flotante

Fai uns días, pola tardiña, Acisclo, converteuse de súpeto, de xeito consciente, nun artista de museo. Así unha das súas obras dos primeiros tempos, forma feminina nunha pequena trabe lixeiramente curva, cal cómo os marfís medievais nos que se traballaron as Virxes co Neno. Como nelas, esa muller de Manzano Freire emerxe, con faciana acaída, e man poderosa, do lápiz de vermella cor aínda visible nos lados virxes da madeira, e as pegadas das gubias na superficie, renegrida polo lume, que lle dan expresividade e singularidade nesta altura. Esta obra de xuventude (1959, 1.51 cm), realizada nos anos anteriores á fase de eclosión co ‘Volter / Artistiñas’ ascende a ‘peza do mes’. A escultura sae así das catacumbas do Mº Arqueolóxico á luz da Escolma de Escultura sita na capela da V.O.T. do convento de San Francisco.


Natalia Figueiras en Vai Vai Mr. Can

Comparte espazo esta sensible e emerxente fotógrafa, de gran técnica, con Mark Ritchie, excelente asimesmo neste medio técnico e artístico. As imaxes de ambolos dous, as praias atlánticas que tan ben coñece Mark pola súa paixon ao surf, e as cunchas mariñas do Otero Pedrayo, son poesía en branco e negro; mentres que as de Natalia son oposición e harmonía, coa noite ou coa néboa de nalgunha das pontes de Ourense, aparición misteriosa daquela árbore no misterio da luz, o mesmo que emerxe nunha vida en construcción baixo o acubillo do Pórtico da Gloria..., todas elas de ‘En el umbral’, serie en construcción dende o 2012, coa pièce de résistence enriba dunha mesa, separada, un bosque ao sol do outono, coas follas en escalonada sucesión tal que unha pintura de Ocañamartínez ou Sol LeWitt. Todas elas, de espazos intermedios, polos que transitar, que Emilio Guntiñas ben de imprimir con impresión Glicée en papel de algodón.

Outros dos da colectiva inaugural son María Nóvoa, con imaxes de paxaros; Ángela Blanco con unha suxestiva composición dunha casa a dúas tintas; Óscar Villán, un nome propio no mundo da ilustración de libros infantís e xuvenís, cos que ten acadado importantes premios dende fai vaios lustros, do que nos encantou un canciño hipster en añil; María Viñas, quen ten feito obra para editoriales especializadas en publicacións de carácter médico y científico, ou Elena Santiago. Miguel Robledo, co seus Karma police e Robot concept 5, artista do comic/banda deseñada que está a deslumbrar coas portadas dos libros do proxecto editorial ourensán de Eurisaces Editora, con elenco de peso e divulgación nacional cada vez máis fonda, proxecto no que tamén intervén Ritchie.

Xunto a todos eles, están Rosendo Cid e Manuel Penín, artistas máis coñecidos nos ámetos artísticos da cidade, que tamén participan con collaxes e acuarelas, respectivamente. Xuntounos aquí en Vai Vai Mr. Can a ilusión de Patricia Joga nun concepto novo de tenda-taller na rúa de Dr. Marañón, onde leva xa uns anos esta limiá. Un novo espazo que continúa así a anterior traxectoria de Galerías de arte nesta céntrica rúa a carón do Concello.

Te puede interesar