Opinión

O adoutrinamento ia educación

Fai pouco tempo, oín ó señor Rajoi dicir, moi alporizado por mor dunha determinada medida política tomada polo señor Mas, que era intolerable porque o que pretendía era o adoutrinamento dos rapaces catalás. Estranoume e desconcertoume porque, despois de mais de trinta anos usando a escola pro adoutrinamento dos alunos, como é público e notorio, vén o señor presidente a facerse de novas. Ou é que vive noutro mundo ou é que padece dunha inxenuidade ou dunha iñorancia da situación que, desde logo, lle non acae bén a quen detenta o cárrego de gobernar a todolos españoles. ¿Ou é que coida que o que se fai nas escolas de Cataluña, nas ikastolas vascas e nas galescolas galegas é repartir caramelos? ¿É que ningún se decata da estreita relación do adoutrinamento coa intensidade da radicalización nacionalista?

Os que non estudamos cencias políticas e que, polo tanto, témonos que giar polo sentido común, sabemos que a mor riqueza dun país é a súa xente e que a responsabilidade da súa formación é responsabilidade do Estado, e que as custiós de Estado non soio se non poden deixar en maus das malfadadas Autonomías, sinon que hai que consensualas, na súa orgaización e desenrolo, coas forzas políticas opositoras que, á súa vez, teñen que deixar a bufanda da “opósición porque si” e poñer a de patriotas colaboradores, que é o que os cidadaos reclamamos iesiximos.

Véuseme a cabeza a reunión que, tempos atrás, tivo o Parlamento alemán pra retirarlle certas competencias os Lander autonómicos.

Te puede interesar