Opinión

OS ASESORES

Alabor dos asesores é a de ilustrar ou aconsellar sobor de certas auciós ou circunstancias. O noso Estado, dende o Goberno da Nación hastra o último concello, adoitan ter un número considerable de asesores que non forman parte da nómina funcionarial. É dicir: son coma empregados eventuales, pagados por todos nós e con soldos bastante considerables.


Si temos en conta que a nómina de funcionarios está composta de xente que acadou a praza correspondente, teóricamente en reñidas oposiciós, o máis lóxico é coidar que 'dentro da casa' temos ós mais capacitados no eido do asesoramento. Un dato moi 'curioso' é que, mentres a xefatura do Goberno de Hespaña tén soio pra ella máis de seiscentos asesores, o Estado do Tío Sam tén, pra todo o Estado ¡trinta e cinco! O que nos leva á conclusión de que, ou os asesorados son de tan cativa preparación que deberían deixar gobernar a unha comisión de asesoradores, ou é que, en realidade, istes pertencen á vella caste dos '¿qué hay de lo mío?', vulgo pesebreiros.


Poderíase e deberíase prescindir desta innecesaria carga e adicar o aforro resultante a valerlle a outras necesidades máis perentorias, mais é imposible nun país que tén iste tipo de corruptelas no seu ADN, coma unha segunda pél, e que non pode deixar 'na rúa' a unha xente que non sabería vivir doutro xeito.


¿Será que os nosos gobernantes teñen medo de acrecer o paro?

Te puede interesar