Opinión

A Aurora do "Maxino"

Hai poucos días finou, en Trelle (Toén), unha exemplar esposa e nai de familia. Chamábase Aurora iera viuva do meu amigo Manolo “O Maxino”.

Era un matrimonio entrañable, de conversa doada e moi sociable, e na súa morada de Trellerma sempre houbo un bocado e unha xerra de viño pro amigo que fose de visita. Tampouco fallaban os bós cas de caza, que il mesmo adestraba, despois de mirar moito polo seu “pedigree”, pra satisfacer a súa grande afeizón pola caza e, as veces, pra venderllos a calquer “caprichoso” disposto a pagalos bén. E non soio os adestraba, sinon que os tiña en moi bóa forma física e cun tipo moi airoso, de xeito que, ó andar, mesmo asemellaban aquiles marraus “larengos” que parecían xuntar o fociño co rabo. Ás veces viña á capital, a pé, a xuntarse cos compañeiros e saír de caza e pasaba por tras do fielato, que estaba onde hoxe o edificio da Telefónica, porque lle daba vergoña que llos viran tan “aguzados”.

Un día pergunteille como é que se apañaba pra telos tan “aerodinámicos” e respostoume, cun sorriso moi pícaro: “Eu bótolle unha pataca no fondo dun caldeiro e, despoism encho o caldeiro de auga. Si queren comer a pataca, xa saben o que teñen que facer.”

Agora que xa volven a estar xuntos, no mundo da verdade, sirvan estas liñas de cariñosa lembranza.

Te puede interesar