Opinión

Corrupción

O diccionario español tén, alomenos, unhas quince aceuciós distintas pra iste termo, o que da idea do inmenso potencial que abrange ós praticantes dela e máisime tendo en conta o número dos que a pratican por omisión. É dicir, os que, podendo, non a evitan. É consustancial a todalas xentes de todolos pobos, mais imos mirar pola da nosa Nación.

Na Idade Media, por non ir mais atrás no tempo, asemella que mesmo se vivía nun estado de corrución rampante. Os reis, nobleza e clero andaban en liortas cotiás. Pelexaban entre iles por acadar terreos e prebendas que eran de outros, ou que poidesen estar sin detentador oficial, e facían e desfacían alianzas pra conquerilo. Facíanse pautos, con “matrimonios de estado”, sin tér en conta a vontade dos contraíntes que, moitas veces, eran nenos e, do mesmo xeito, nomeábanse rapaces pra dinidades nobles ou eclesiásticas, mesmo de cardenales. Era o nepotismo en estado puro.

A “Xura de Santa Gadéa” que a nobleza lle fixo ó rei Afonso VI ¿non tén unha certa semellanza cun Debate sóbor do estado da Nación? As contas das Autonomías ¿non fán lembrar as Contas do Gran Capitán? A revolta dos Irmandiños ¿non asemella que estivese composta de escrachers, antisistema, piquetes “informativos”, etc. ?

En canto á xente do común, abonda con lér a novele picaresca pra ver como respirabamos. Porque, salvando as distancias, somos os mesmos. Sempre se dixo que os vicios nacionales son a envexa, a maledicencia ia recomendación. Si non son conxénitos son, alomenos, crónicos. A isto hai que engadirlle o da hipocresía. Porque si algén, cumplindo con aquel dito de que “a caridade, bén entendida, comeza por un mesmo”, coloca ós seus nun cárrego calisquer, non lle fallan voces nin manifestaciós daquiles que, nas mesmas circunstancias, farían xustamente o mesmo.

En resumo: que mentres na intimidade falamos de buscar a recomendación precisa pra acadar, por exemplo, o aprobado nuhas oposiciós, ou “fardar” da que nos conqueriu aprobalas, na rúa manifestámonos á contra do “amigismo” e pidimos a dimisión automática do que fixo o que nós faríamos si estivésenos no mesmo caso. Afortunadamente, aínda hai moita xente honrada e de principios. O que hai que facer é acrecer o número destas educando á xente nos valores que a sociedade demanda. Mais temo que é unha laboura cáseque imposible, co sistema que non aplicamos. Dicen que “un pesimista é un outimista bén informado”.

Te puede interesar