Opinión

COMO DISCUTIMOS

Pode que, tanto como a intelixencia, sexa a capacidade de comunicación entre si, principalmente por medio da fala, o que máis nos diferencia do resto do reino animal e a que nos ten no cumio da pirámide. A comunicación é básica en todolos ordes da vida humana ié o que facilita desde os grandes descobrementos centíficos hastra as máis íntimas conversas do acontecer cotián. Acontece que nas conversas danse pareceres e opiniós persoales sobor de calisquer materia, que poden ser rexeitadas por in terlocutor/es e poden dar orixe a una discusión que pode ser máis ou menos grata ou máis ou menos alporizada. O sacar algo positivo dunha discusión precisa dunha mente aberta, un respeto polo interlocutor ios seus argumentos e a homildade e a honestidade que nos permita aceptar os postulados alléos, aínda que non coincidan cos nosos, si son merecentes delo.


Os países nórdicos e centro-europeos teñen un falar sosegado e un gran respeto polo interlocutor. Escoitan e, cando lle toca, falan e dan a súa opinión. Isto non acontece cos mediterráneos. Podería pensarse que o temperamento meridional, así como a propensión pra elevar o tono de voz, veña dado pola propia estrutura idiomática das linguas romances; mais, tendo en conta que os franceses son un verdadeiro iescelente exemplo de conversadores, e mesmo os portugeses, por mor da súa ancestral tendencia anglófila, tamén o son, a conclusión é nidia: é una cuestión de educación.


Non se me esquece cando a miña neta alemana me dixo, ós nove anos: 'Abuelito, habla más bajo'. Nin a impresión que me producen os poucos decibelios en Oxford Street, a rúa comercial por excelencia de Londres, ou nas de Amsterdam.


Os sudamericanos dicen que os españoles falamos 'golpeando as palabras'. Teño a esperencia dunha mexicana que, ó pasarlle o teléfono ó seu xefe, por quen eu perguntaba, e coidando que tiña a liña pechada, díxolle: '¡Me ha chillado!'


Todo isto, no que atinxe ó tono de voz. No que toca ó desenrolo da discusión, é revelador ouservar esas tertulias da TV, onde asemella que falan todos e cala un; onde todos se interrompen e a todos lles parece mal que o fagan coeles e demandan respeto; onde o moderador fai de tertuliano e aviva o descontrol. Iste xeito de conversa é un refrexo de como acostumamos a discutir na rúa, xa se fale de deportes, de política, de touros, etcétera. Non se escoita, ó contrario: non se lle deixa espor os seus argumentos; están descalificadas de antemau as opiniós alléas e sentadas 'ex cathedra', as propias. Como a parte contraria non cede, vaise elevando o tono, como si o berrar máis nos dera a razón, e ante a imposibilidade de convencer á outra parte, pásase ós insultos ou ás ironías corrosivas, rematando moitas veces coma o 'Rosario da Aurora'.


Pois o grave é que, con iste panorama e con iste eido por traballar, os mestres e máis os políticos que os mandan parecen máis interesados no adoutrinamento das masas que na educación das mesmas, e instalados nesta rutina, sáen á rúa, bén fornecidos de bandeirolas e megáfonos, pra rexeitar calquer lei reformadora que non leve a iauga pro noso lameiro. Eche o que hai.

Te puede interesar