Opinión

O Goberno... ¿macarra?

A prostitución é coñecida dende sempre co nome de “o oficio máis vello do mundo. As mulleres que a pratican eran coñecidas, na nósa nación, como “mulleres da vida”. Non podemos esquecer tampouco que tamén hai prostitución masculina. É unha atividade que xenera certos ingresos e da que se aproveita unha fauna parásita, a dos proxenetas, tamén coñecidos por “chulos de putas” e tamén por “macarras” (do francés “maquereau”). Hai tamén orgaizaciós mafiosas que, a gran escala, adícanse a coñecida como “trata de blancas”, aínda que as esplotan de todas as coores, ou sexa que non son racistas.

Agora, o Goberno, que coma todolos gobernos tén moita práutica no de aproveitarse do produto dos demais, tenta de meterlle mau no bolso tanto ás “léas”coma ós “macarras”, porque seica é cobizoso do que pode siñificar na milloría do PIB. Ou sexa: quere convirtirse nunha especie de “macarra supremo”. Non sei porque me dá o corpo que os gastos e os esforzos que poden costar os cálculos e orgaización precisos pra encaixar a aitividade no sistema tributario van facer que se encarezca o precio do “servicio”, e pode que tamén a inflación.

Comoqueira que lle van dar o mesmo tratamento ó asunto das drogas, xa o alcume de “macarra” lle non vai a ser apropiado, pois ó comportarse coma un “Corleone” calquera, cádralle millor o de “padriño”. Será curioso ver coma os “comerciales” da droga, tamén chamados “camellos”, que están no cárcere, son ceibados pra darlle dinamismo ó tráfico da mercancía, e máis ver os edificios suntuosos lucindo as placas dos cárteles benefautores das arcas estatales.

Mais, que se non alarme ningén. Isto non é unha crítica nin unha profecía. É unha “diarrea mental” semellante á que tiveron os país da feliz idéa.

Te puede interesar