Opinión

O goberno ¿Pexado?

Resumamos, nun, dous exemplos moi representativos: O Concello de Madrid decreta a paralización de importantes proieutos económicos, xa debatidos e aprobados, o que supón miles de millós de euros e de postos de traballo que xa se non producirán. O Concello de Barcelona trata de pecharlle a porta ós turistas, que son un dos elementos máis importantes na recadación de beneficios e na creación de postos de traballo na comunidade.

Si o Goberno tén na economía e na creación de emprego as ferramentas principales pra solución da crisis e a recuperación do estado de benestar, atópase con istes “amigos” que traballan á contra dos intereses do Estado e que convirten ós que ían ocupar os postos de traballo en cidadaos ideales, e con tempo dabondo pra porse detrás das pancartas rivindicativas distes direitos que os encirradores lles negan, e que, no colmo do cinismo, culpan ó Goberno.

Quen primeiro debería por maus no chollo serían as comunidades autónomas, por ser as máis direutamente afeutadas. Mais si alguna vai de “alcahueta” distes concellos subversivos, debe o Goberno, sin que lle treme o pulso e, podendo ser, dacordo coa oposición, por ser unha custión de Estado, traelos “ó rego” das boas práuticas

Ollar isto nun “Lander” alemán sería imposible. A reación inmediata sería suprimir as competencias do “revoltoso” e unha chamada a contas.

Si o noso Goberno non obra con firmeza ¿é que está pexado? Xa se sabe que o cabalo pexado anda pouco e con dificultade. Vostedes mesmos.

Te puede interesar