Opinión

OS INCENDIOS

Si. Era horroroso contemplar desde a miña casa o lume coroado de mouras gedellas de fume e aparellos contra-incendios como abalorios pendurados. Arrepiaba ver toda a estensión, desde os Chaos de Amoeiro hastra Sabadelle e Os Canibelos e A Lonia, convertida nunha espresión gráfica do que asemella un anticipio do Apocalipsis. Era una sensación de door, carraxe e impotencia e un desexo, tal vez irracional, de dar cos incendiarios e aplicarlle a Lei do Talión, coma terroristas que són.


Bén sabemos que, tras do incendio dos montes, hai causas de moi variada índole e que non merece o mesmo castigo quen se descoidou e se lle foi das maus, do que o fixo con premeditación e alevosía e con total indiferencia ós posibles daños resultantes. Mais, o que se non pode desbotar é una urxente lei de equiparación coa do terrorismo, pois non outra cousa é o incendio de terras, pobos, propiedades e vidas.


Todos sabemos que unha das causas máis importantes na gravidade do tema é a falla, ou escaseza, dunha axeitada prevención. Mais, cando nomeamos iste termo, vénsenos á tésta a limpeza dos terreos, as brigadas a contratar, a organización do manexo do material preciso, etc. O que se non tén en conta, nin se terá, é outra caste de prevención que, aínda sendo mais vagarosa e a mais longo plazo, é a mais importante, segura e fundamental: a educación dos homes desde o berce. É patético ver tantas reivindicaciós a prol dos direitos dos educadores, pais ou profesores, sin ter en conta as obrigas que teñen coa sociedade, bastante desatendidas, si se evalúan polos resultados práuticos.


Estamos a construír una sociedade materialista, de ganadores e perdedores, insolidaria e sin sustancia humanística. Cando se ensina á xente, fáiselle presente a pena ou castigo que conleva o vulnerar a lei. Mais, si así se non fai ¿como se lle pode aplicar a xustiza con todo rigor a quen non foi ensinado?


O futuro xa está eiquí e aínda o non temos preparado.

Te puede interesar